{"id":12366,"date":"2025-05-20T15:14:04","date_gmt":"2025-05-20T14:14:04","guid":{"rendered":"https:\/\/maisenerxia.com\/consellos\/as-comercializadoras-de-luz-mais-baratas-como-elixir-a-tua\/"},"modified":"2025-06-04T16:42:06","modified_gmt":"2025-06-04T15:42:06","slug":"as-comercializadoras-de-luz-mais-baratas-como-elixir-a-tua","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/consellos\/as-comercializadoras-de-luz-mais-baratas-como-elixir-a-tua\/","title":{"rendered":"As comercializadoras de luz m\u00e1is baratas: como elixir a t\u00faa"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Cando se trata de <a href=\"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/consellos\/consellos-para-aforrar-na-factura-da-luz\/\">aforrar na factura el\u00e9ctrica<\/a>, unha das preguntas m\u00e1is frecuentes \u00e9: son realmente as comercializadoras de luz m\u00e1is baratas?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En primeiro lugar, entender como funcionan as compa\u00f1\u00edas de luz e que factores infl\u00faen no prezo final \u00e9 esencial para tomar unha decisi\u00f3n. Unha compa\u00f1\u00eda de luz el\u00e9ctrica, ou comercializadora, \u00e9 a que<strong> merca enerx\u00eda no mercado maiorista e a revende ao usuario<\/strong>. O seu papel \u00e9 fixar as condici\u00f3ns do contrato: tipo de tarifa, prezo, servizos engadidos, atenci\u00f3n a clientes, etc.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E aqu\u00ed est\u00e1 a clave: non todas as comercializadoras ofrecen os mesmos prezos nin as mesmas condici\u00f3ns. Algunhas te\u00f1en tarifas que parecen atractivas ao principio, pero esconden permanencias, penalizaci\u00f3ns ou subidas de prezo tras un tempo.<\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>Comercializadora vs distribuidora: cal \u00e9 a diferencia?<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">Antes de entrar en comparativas, a compa\u00f1\u00eda el\u00e9ctrica que che env\u00eda a factura (a comercializadora) non \u00e9 a mesma que se encarga de facer chegar a electricidade \u00e1 t\u00faa casa (a distribuidora). Esta \u00faltima non se pode elixir: depende da zona na que vivas. Pero si podes contratar algunha das comercializadoras el\u00e9ctricas baratas dispo\u00f1ibles no mercado libre ou regulado.<\/p>\n<h3 style=\"text-align: justify;\"><strong>Que debes de ter en conta antes de contratar?<\/strong><\/h3>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li><strong>Prezo por kWh e por potencia contratada<\/strong>: non te fixes s\u00f3 no prezo por enerx\u00eda consumida. Revisa tam\u00e9n o termo fixo.<\/li>\n<li><strong>Tipo de tarifa:<\/strong> \u00e9 fixa, indexada, con discriminaci\u00f3n horaria?<\/li>\n<li><strong>Duraci\u00f3n do contrato e permanencias:<\/strong> aseg\u00farate de que poidas cambiar se non est\u00e1s satisfecho.<\/li>\n<li><strong>Costes adicionais:<\/strong> revisa se incl\u00faen servizos de mantemento obrigatorios ou seguros non solicitados.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Comparar eses factores permitirache elixir unha compa\u00f1\u00eda el\u00e9ctrica que realmente se axuste aos teus h\u00e1bitos de consumo e necesidades.<\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>Realmente podes aforrar elixindo unha comercializadora de luz m\u00e1is barata?<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">A resposta curta \u00e9 <strong>si, pero con matices<\/strong>. No mercado el\u00e9ctrico espa\u00f1ol existen moitas comercializadoras de luz baratas, tanto do mercado libre como do regulado, que compiten por ofrecer as tarifas m\u00e1is atractivas. Isto pode xogar ao teu favor se sabes como comparar e que mirar m\u00e1is al\u00e1 do prezo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha boa elecci\u00f3n p\u00f3dese traducir nun aforro real na t\u00faa factura, sobre todo se elixes unha <strong>tarifa adaptada ao teu consumo<\/strong>. Por exemplo, se gastas m\u00e1is pola noite, optar por unha con discriminaci\u00f3n horaria pode ser clave. Tam\u00e9n inf\u00fae o <strong>tipo de tarifa<\/strong>: algunhas compa\u00f1\u00edas el\u00e9ctricas ofrecen prezos fixos, que che dan estabilidade durante todo o ano, mentres que outras te\u00f1en tarifas segundo o prezo do mercado, que poden sa\u00edr m\u00e1is baratas se sabes adaptar o teu consumo aos momentos m\u00e1is econ\u00f3micos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por\u00e9n, non se trata s\u00f3 de buscar o prezo m\u00e1is baixo. Moitas veces, as ofertas m\u00e1is agresivas esconden custos ocultos: permanencias, penalizaci\u00f3ns, servizos de mantemento obrigatorios ou seguros que non precisas. Por iso \u00e9 importante <strong>ler a letra pequena e ter en conta todos os conceptos que infl\u00faen no custo total da t\u00faa factura<\/strong>: o termo fixo (potencia contratada), o termo variable (enerx\u00eda consumida), os impostos e os posibles custos engadidos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Outro factor importante \u00e9 a <strong>transparencia e o servizo de atenci\u00f3n a clientes<\/strong>. Aforrar uns c\u00e9ntimos ao mes non compensa se logo tes dificultades para resolver un problema ou entender a t\u00faa factura. Por iso, conv\u00e9n elixir unha comercializadora que non s\u00f3 ofreza bos prezos senon tam\u00e9n claridade e proximidade.<\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>E que ofrece M\u00e1is Enerx\u00eda?<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">M\u00e1is Enerx\u00eda \u00e9 unha compa\u00f1\u00eda el\u00e9ctrica galega con clientes en todo o territorio nacional que aposta pola proximidade, a transparencia e a adaptaci\u00f3n real \u00e1s necesidades de cada consumidor. A nosa proposta af\u00e1stase das tarifas confusas ou cheas de letra pequena e pon o foco en algo fundamental: que comprendas o que est\u00e1s a pagar e por que. Entre as nosas tarifas de luz podes elixir:<\/p>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li><a href=\"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/luz\/mais-estable-unica\/\"><strong>M\u00e1is Estable \u00danica:<\/strong><\/a> tarifa fixa de luz, con prezo fixo as 24h do d\u00eda, sen sustos.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/luz\/mais-estable\/\"><strong>M\u00e1is Estable:<\/strong><\/a> tarifa fixa de luz por tramos horarios, con discriminaci\u00f3n horaria, para aproveitar os tramos m\u00e1is baratos.<\/li>\n<li><a href=\"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/luz\/mais-xusta\/\"><strong>M\u00e1is Xusta:<\/strong><\/a> unha tarifa con prezo a custo de mercado, que se axusta \u00e1s t\u00faas necesidades.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, as nosas tarifas non te\u00f1en permanencia nin letra pequena, pero o que realmente nos diferencia \u00e9 como te atendemos. En M\u00e1is Enerx\u00eda cremos que a enerx\u00eda non debe ser s\u00f3 un produto, senon tam\u00e9n unha experiencia baseada na confianza. Por iso apostamos por un <strong>trato pr\u00f3ximo, directo e sin intermediarios impersoais.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cando tes unha d\u00fabida, <strong>at\u00e9ndeche unha persoa<\/strong>. Cando precisas de axuda, a resposta non chega desde unha centrali\u00f1a automatizada, senon das nosas oficinas, cun equipo que te escoita, te comprende e che d\u00e1 soluci\u00f3ns. Non hai chamadas eternas, nin formularios que acaban en nada. Aqu\u00ed sabes con quen falas, e podes contar con algu\u00e9n que realmente se preocupa polo teu caso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Este <strong>enfoque pr\u00f3ximo e humano<\/strong> perm\u00edtenos resolver incidencias m\u00e1is r\u00e1pido, adaptar as nosas propostas \u00e1s t\u00faas necesidades reais e ofrecer un servizo de luz onde as t\u00faas necesidades son a parte m\u00e1is importante. Porque aforrar non deber\u00eda implicar renunciar a unha boa atenci\u00f3n. Ao contrario: cremos que \u00e9 xusto a\u00ed onde comeza o verdadeiro valor dunha compa\u00f1\u00eda el\u00e9ctrica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ent\u00f3n, <strong>son os provedores de electricidade m\u00e1is baratos?<\/strong> A resposta m\u00e1is clara \u00e9: si, podes pagar menos facendo unha boa elecci\u00f3n. Por iso sempre recomendamos ir m\u00e1is al\u00e1 do prezo e considerar todos os factores para que te\u00f1as a experiencia que mereces. <a href=\"https:\/\/api.whatsapp.com\/send\/?phone=34698137971&amp;text&amp;type=phone_number&amp;app_absent=0\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Falamos?<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando se trata de aforrar na factura el\u00e9ctrica, unha das preguntas m\u00e1is frecuentes \u00e9: son realmente as comercializadoras de luz m\u00e1is baratas? En primeiro lugar, entender como funcionan as compa\u00f1\u00edas de luz e que factores infl\u00faen no prezo final \u00e9 esencial para tomar unha decisi\u00f3n. Unha compa\u00f1\u00eda de luz el\u00e9ctrica, ou comercializadora, \u00e9 a que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":12365,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[117],"tags":[165,146,166,167],"class_list":["post-12366","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-consellos","tag-electricidade","tag-empresas-gl","tag-gardando","tag-luz-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12366","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12366"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12366\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12586,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12366\/revisions\/12586"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12365"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12366"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12366"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12366"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}