{"id":12720,"date":"2025-07-23T12:50:18","date_gmt":"2025-07-23T11:50:18","guid":{"rendered":"https:\/\/maisenerxia.com\/consellos\/enerxia-solar-en-galicia-e-rendible-instalar-placas-fotovoltaicas\/"},"modified":"2025-07-23T12:50:18","modified_gmt":"2025-07-23T11:50:18","slug":"enerxia-solar-en-galicia-e-rendible-instalar-placas-fotovoltaicas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/sostibilidade\/enerxia-solar-en-galicia-e-rendible-instalar-placas-fotovoltaicas\/","title":{"rendered":"Enerx\u00eda solar en Galicia: \u00e9 rendible instalar placas fotovoltaicas?"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Ao falarmos de <strong>enerx\u00eda renovable<\/strong>, un dos recursos m\u00e1is com\u00fans \u00e9 o sol. Desde hai anos as instalaci\u00f3ns fotovoltaicas t\u00e9\u00f1ense convertido nunha opci\u00f3n moi popular grazas \u00e1s s\u00faas grandes vantaxes. <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por\u00e9n, en rexi\u00f3ns como Galicia, onde as nubes e as choivas son habituais, \u00e9 l\u00f3xico <strong>preguntarse se realmente compensa apostar pola enerx\u00eda solar<\/strong>. \u00c9 rendible instalar placas solares en Galicia? Que aforro se pode obter a medio e longo prazo? E, sobre todo, cales son as claves para que a inversi\u00f3n sexa eficiente?   <\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>Como funciona a enerx\u00eda solar fotovoltaica?<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">A <strong>enerx\u00eda solar fotovoltaica<\/strong> bas\u00e9ase na <strong>transformaci\u00f3n directa da radiaci\u00f3n solar en electricidade mediante paneis solares<\/strong>. Esta enerx\u00eda pode empregarse no momento, almacenarse en bater\u00edas ou verterse \u00e1 rede el\u00e9ctrica, segundo o tipo de instalaci\u00f3n. A electricidade que xeras r\u00e9stase do consumo que realizas da rede, o que se traduce nunha reduci\u00f3n notable na t\u00faa factura.  <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cada vez son m\u00e1is os fogares galegos que deciden instalar paneis solares en Galicia, tanto por motivos econ\u00f3micos como medioambientais. Pero antes de tomar unha decisi\u00f3n hai que ter claros alg\u00fans<strong> aspectos clave.<\/strong> <\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>\u00c9 Galicia axeitada para a enerx\u00eda solar?<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">Malia que a imaxe t\u00edpica de Galicia \u00e9 a de ceos cubertos e choivas frecuentes, o certo \u00e9 que a rexi\u00f3n conta cunha <strong>radiaci\u00f3n solar suficiente<\/strong> para que a enerx\u00eda fotovoltaica sexa viable. Cidades coma <strong>Ourense, Lugo ou Santiago de Compostela superan os 1.200 kWh\/m\u00b2 ao ano<\/strong>, e en zonas da provincia de Pontevedra ac\u00e1danse cifras a\u00ednda maiores. <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, os paneis solares actuais est\u00e1n dese\u00f1ados para <strong>funcionar mesmo en d\u00edas anubrados<\/strong>, captando a radiaci\u00f3n difusa. Isto permite que unha instalaci\u00f3n de placas solares en Galicia produza enerx\u00eda todo o ano, a\u00ednda que con maior intensidade na primavera e no ver\u00e1n. <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 fundamental comprender que o maior beneficio do autoconsumo se d\u00e1 cando empregamos a enerx\u00eda xusto no momento en que a estamos a producir. Nesas horas solares (normalmente entre as 10.00 e as 18.00 horas), se estamos na casa e empregamos electrodom\u00e9sticos, calefacci\u00f3n ou cargamos un coche el\u00e9ctrico, estaremos a <strong>aproveitar ao m\u00e1ximo a instalaci\u00f3n.<\/strong> Reduciremos o emprego de enerx\u00eda da rede e esa \u00e9 a clave para <strong>amortizar con m\u00e1is rapidez a inversi\u00f3n.<\/strong>  <\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>Factores a ter en conta antes de instalar placas solares en Galicia<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para que a instalaci\u00f3n sexa eficiente e rendible, \u00e9 importante avaliar varios aspectos:<\/p>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li><strong>Orientaci\u00f3n e superficie do tellado:<\/strong> canto m\u00e1is orientado ao sur e con menor sombra, maior produci\u00f3n.<\/li>\n<li><strong>Consumo el\u00e9ctrico do fogar<\/strong>: canto m\u00e1is consumo en horas solares, maior aproveitamento da instalaci\u00f3n.<\/li>\n<li><strong>Tipo de tarifa contratada:<\/strong> combinar autoconsumo cunha <a href=\"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/luz\/\">tarifa de luz<\/a> adaptada ao teu perfil mellora a\u00ednda m\u00e1is o aforro.<\/li>\n<li><strong>Calidade dos compo\u00f1entes e empresa instaladora:<\/strong> non todos los paneis e equipos son iguais, e contar con profesionais cualificados \u00e9 clave para maximizar o rendemento.<\/li>\n<li><strong>Cantidade de placas:<\/strong> non se trata de instalar m\u00e1is placas \u201cpor se acaso\u201d. Unha instalaci\u00f3n de autoconsumo debe de estar ben dimensionada para producir o que realmente precisas. Se produces de m\u00e1is, grande parte desa enerx\u00eda v\u00e9rtese como excedente, que ten un valor econ\u00f3mico moito menor. Queres saber por que? Cont\u00e1moscho <a href=\"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/sostibilidade\/como-afecta-o-prezo-de-mercado-ao-valor-dos-teus-excedentes-solares-e-que-podes-facer-para-aproveitalo\/\">neste post<\/a>.    <\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, en M\u00e1is Enerx\u00eda po\u00f1emos ao dispor dos nosos clientes unha <strong>Wallet<\/strong> na que poden <strong>acumular o valor deses excedentes<\/strong> e compensalos en futuras facturas. Esta ferramenta, sin custos adicionais, permite flexibilizar a\u00ednda m\u00e1is o aforro sen necesidade de empregar bater\u00edas f\u00edsicas, que contin\u00faan a ser caras y requiren dunha inversi\u00f3n inicial importante. <\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>Ent\u00f3n, \u00e9 rendible instalar placas solares en Galicia?<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">A resposta \u00e9 si. A pesares da meteorolox\u00eda variable, a enerx\u00eda solar en Galicia \u00e9 unha opci\u00f3n <strong>cada vez m\u00e1is eficiente e rendible<\/strong>, tanto para fogares coma para negocios. Iso si, para que sexa verdadeiramente rendible, o ideal \u00e9 <strong>consumir en tempo real a maior parte da enerx\u00eda producida<\/strong>, para as\u00ed non depender da rede el\u00e9ctrica.  <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Grazas \u00e1 mellora nos paneis, as axudas dispo\u00f1ibles e a suba do prezo da electricidade, o autoconsumo \u00e9 unha inversi\u00f3n intelixente e sostible. O importante \u00e9 <strong>informarse ben, analizar a t\u00faa situaci\u00f3n concreta e arrodearte de profesionais <\/strong>que te asesoren sen rodeos. <\/p>\n<h2 style=\"text-align: justify;\"><strong>E como pode axudarte M\u00e1is Enerx\u00eda?<\/strong><\/h2>\n<p style=\"text-align: justify;\">En M\u00e1is Enerx\u00eda apostamos por un <strong>modelo enerx\u00e9tico m\u00e1is sostible, pr\u00f3ximo e claro<\/strong>. Se est\u00e1s a pensar en instalar placas fotovoltaicas na casa, axud\u00e1mosche a entender como funciona o autoconsumo e que precisas para lle sacar o m\u00e1ximo partido. <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais, se xa contas cunha instalaci\u00f3n solar, elixir unha tarifa axeitada \u00e9 igual de importante. Unha boa tarifa perm\u00edteche aproveitar a t\u00faa produci\u00f3n propia, reducir a t\u00faa factura e recibir a compensaci\u00f3n por excedentes en condici\u00f3ns xustas. En M\u00e1is Enerx\u00eda podes <strong>elixir entre distintas opci\u00f3ns segundo o teu perfil<\/strong>, sempre sen permanencia, sen letra pequena e con atenci\u00f3n personalizada desde Galicia.  <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Gustar\u00edache valorar se a t\u00faa vivenda ou negocio son aptos para unha instalaci\u00f3n solar? En M\u00e1is Enerx\u00eda contamos cun <strong>equipo profesional e humano<\/strong> que pode axudarche a dar ese paso cara a unha enerx\u00eda m\u00e1is limpa e econ\u00f3mica. Nada de contestadores, estamos n\u00f3s ao outro lado agardando para te asesorar como mereces.   Falamos?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #d0674e;\"><strong><a style=\"color: #d0674e;\" href=\"https:\/\/api.whatsapp.com\/send\/?phone=34698137971&amp;text&amp;type=phone_number&amp;app_absent=0\" target=\"_blank\" rel=\"nofollow noopener\">Falamos?<\/a><\/strong><\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao falarmos de enerx\u00eda renovable, un dos recursos m\u00e1is com\u00fans \u00e9 o sol. Desde hai anos as instalaci\u00f3ns fotovoltaicas t\u00e9\u00f1ense convertido nunha opci\u00f3n moi popular grazas \u00e1s s\u00faas grandes vantaxes. Por\u00e9n, en rexi\u00f3ns como Galicia, onde as nubes e as choivas son habituais, \u00e9 l\u00f3xico preguntarse se realmente compensa apostar pola enerx\u00eda solar. \u00c9 rendible [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":12719,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[120],"tags":[187,165,188,166,167],"class_list":["post-12720","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sostibilidade","tag-autoconsumo-gl","tag-electricidade","tag-enerxia-solar","tag-gardando","tag-luz-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12720","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12720"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12720\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12719"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12720"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12720"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/maisenerxia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12720"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}