Elixir comercializadora de luz ou gas debería ser un procedemento sinxelo: contratas un servizo, a compañía infórmache con claridade e, cando tes unha dúbida, aténdente con rapidez e boa disposición. Porén, a realidade é que moitas persoas descobren, co tempo, que a súa compañía noné tan transparente como prometía.

Facturas imposibles de descifrar, cambios de prezo sen avisar, condicións que nunca se explicaron ou unha atención a clientes que parece deseñada para que desistas. Se che resulta familiar, non es a única persoa á que lle ten pasado.

A boa nova é que tes dereito a esixir transparencia, claridade e un trato digno. E, se a túa comercializadora non cumple, tamén tes opcións para actuar, reclamar e, seo desexas, cambiar a unha compañía que realmente poña ás persoas no centro. Imos paso a paso.

Por que importa tanto a transparencia nunha comercializadora?

A transparencia non é un detalle, é a base dunha relación honesta entre clientes e comercializadora. Cando unha compañía comunica con claridade os seus prezos, condicións, actualizacións e prazos, permíteche comprender o que estás a pagar e tomar decisións informadas. Pero cando esa transparencia falla, aparecen os problemas.

  • Tarifas que non son o que parecían.
  • Subas de prezo que chegan por sorpresa.
  • Facturas que dificultan entender que parte corresponde a consumo e cal a outros servizos engadidos.
  • Cambios de tarifa sen explicación suficiente.
  • Contestadores automáticos e dificultade para falar cunha persoa real que che dea respostas.

Esa falta de claridade xera inseguridade e, ademais, afecta directamente ao teu peto. Por iso é fundamental saber como actuar.

4 pasos a seguir se a túa comercializadora non é transparente contigo

Primeiro paso: reúne toda a información

Antes de reclamar ou iniciar calquera xestión, recompila todos os documentos que teñas: facturas, correos da comercializadora, o contrato, capturas de pantalla e mesmo notas das chamadas. Non é preciso que montes un arquivo enorme, pero si conservar todo aquilo que poida acreditar o teu caso.

Ademais, revisa se tes acceso á área de clientes da túa compañía. Moitas veces alí gárdanse documentos que non lembrabas ter recibido, como condicións actualizadas da tarifa ou avisos de cambios.

Segundo paso: contacta coa compañía e pide unha explicación clara

O primeiro sempre é intentar resolvelo directamente coa comercializadora. Pode tratarse dun erro, dunha confusión ou dun problema puntual que se soluciona en poucos minutos.

Se a explicación non é transparente, che dan respostas ambiguas ou non che ofrecen unha solución clara, é momento de avanzar ao seguinte paso.

Terceiro paso: presenta unha reclamación formal

Se a atención telefónica ou por chat non serviu, redacta unha reclamación por escrito. Pode enviarse por correo electrónico, formulario web ou correo postal (certificado, se queres deixar constancia). Nesta podes incluír:

  • Os teus datos persoais
  • O número de contrato ou CUPS
  • Unha descrición clara e breve do problema
  • Documentos que o demostren
  • A solución que solicitas

A comercializadora está na obriga de responder nun prazo determinado. Si non o fai ou a resposta non é satisfactoria, non quedes aí.

Cuarto paso: acude a organismos oficiais

Para iso están os organismos de consumo: para para protexérente cando unha compañía non actúa de xeito correcto. Podes acudir a:

  1. Oficina Municipal de Información a Consumidores (OMIC).
  2. Dirección Xeral de Consumo da túa comunidade autónoma.
  3. Xuntas Arbitrais de Consumo.
  4. A CNMC en casos máis graves ou relacionados coa regulación do mercado.

A maior parte dos conflitos resólvense nesta fase, porque as comercializadoras están na obriga de responder ante estes organismos.

E se prefires cambiar de compañía?

Ás veces non paga a pena seguir a loitar cunha compañía que non coida de ti. Se a falta de transparencia ou a mala atención se repiten, cambiar é unha opción sinxela, rápida e gratuíta, xa que o cambio de comercializadora non ten custo, non implica cortes de subministración, non require de instalacións novas e adoita tramitarse en poucos días. Ti só contratas a nova tarifa; a compañía entratne xestiona o resto coa saínte. Así de sinxelo.

Para que poidas confiar na túa nova compañía deben de se cumplir algunhas condicións básicas.

  • Información clara, sen tecnicismos innecesarios.
  • Tarifas explicadas desde o principio.
  • Facturas sinxelas de entender.
  • Atención humana e próxima.
  • Capacidade de resolver problemas sen marear.
  • Posibilidade de contactar por diferentes vías.
  • Cero letra pequena e cero sorpresas.
  • Cando unha comercializadora pon ás persoas no centro, nótase.

Máis Enerxía: unha comercializadora de persoas que atende a persoas

En Máis Enerxía cremos que a enerxía debe de ser honesta, clara e humana. Nada de contestadores eternos, nada de tecnicismos que confunden, nada de tarifas con truco. Somos un equipo de persoas traballando desde Galicia e iso permítenos algo que outras grandes compañías non sempre logran: tratar a cada cliente coma unha persona, non coma un número.

Deste xeito, ofrecémosche explicaciones claras, sen letra pequena, diferentes tarifas adaptadas a ti, unha revisión gratuíta da túa factura para axudarche a pagar o xusto, atención real de persoas reais, desde Galicia. E acompañamento en todo o proceso se decides cambiar. Contacta connosco para saber máis!

Falamos?