Contratar
WhatsApp Chamar/Llamar

Horario de oficina

Luns a Xoves de 9.00 a 18.00 h Venres de 8.00 a 16.30 h

Xullo e agostoLuns a Xoves de 8.00 a 18.00 h Viernes de 8.00 a 15.00 h

Este horario pode experimentar cambios en datas especiais coma festivos locais, autonómicos ou estatais.

Falamos por teléfono?
Chamámoste


SISTEMA ARBITRAL DE CONSUMO

Se desexa presentar unha reclamación, pode facelo enviando un correo electrónico a [email protected] ou por escrito á nosa sede social: Lugar Vilar, 7, 27790 Barreiros (Lugo).

Revisaremos o seu caso e poñerémonos en contacto con vostede o antes posible. Se non está satisfeito coa solución proposta ou non recibe resposta no prazo establecido, pode contactar co Sistema de Arbitraxe de Consumo, ao que Máis Enerxía está adherida a través da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

ⓘ Importante: Antes de solicitar unha arbitraxe de consumo, debes presentar a túa reclamación ante Máis Enerxía e non recibir resposta dentro do prazo establecido ou non estar conforme coa recibida.

Que é o sistema arbitral de consumo?

O Sistema Arbitral de Consumo é un mecanismo que permite resolver conflitos e reclamacións entre consumidores e empresas sen necesidade de acudir aos tribunais. Trátase dun procedemento voluntario, gratuíto, sinxelo e rápido, que facilita a resolución de desacordos de forma eficaz.

Cando ambas as partes aceptan recorrer a este sistema, un órgano arbitral independente e imparcial analiza o caso con total confidencialidade e emite unha resolución, denominada laudo arbitral.

Esta resolución é de obrigado cumprimento para ambas as partes e ten a mesma validez e eficacia que unha sentenza xudicial.

Como funciona?

Se a reclamación cumpre cos requisitos fixados para acudir ao Sistema Arbitral, o procedemento debe iniciarse coa formalización dunha solicitude de arbitraxe que pode presentarse na Xunta Arbitral de Consumo da túa Comunidade Autónoma.