O Sistema Arbitral de Consumo é un mecanismo que permite resolver conflitos e reclamacións entre consumidores e empresas sen necesidade de acudir aos tribunais. Trátase dun procedemento voluntario, gratuíto, sinxelo e rápido, que facilita a resolución de desacordos de forma eficaz.
Cando ambas as partes aceptan recorrer a este sistema, un órgano arbitral independente e imparcial analiza o caso con total confidencialidade e emite unha resolución, denominada laudo arbitral.
Esta resolución é de obrigado cumprimento para ambas as partes e ten a mesma validez e eficacia que unha sentenza xudicial.