Cando se trata de aforrar na factura eléctrica, unha das preguntas máis frecuentes é: son realmente as comercializadoras de luz máis baratas?

En primeiro lugar, entender como funcionan as compañías de luz e que factores inflúen no prezo final é esencial para tomar unha decisión. Unha compañía de luz eléctrica, ou comercializadora, é a que merca enerxía no mercado maiorista e a revende ao usuario. O seu papel é fixar as condicións do contrato: tipo de tarifa, prezo, servizos engadidos, atención a clientes, etc.

E aquí está a clave: non todas as comercializadoras ofrecen os mesmos prezos nin as mesmas condicións. Algunhas teñen tarifas que parecen atractivas ao principio, pero esconden permanencias, penalizacións ou subidas de prezo tras un tempo.

Comercializadora vs distribuidora: cal é a diferencia?

Antes de entrar en comparativas, a compañía eléctrica que che envía a factura (a comercializadora) non é a mesma que se encarga de facer chegar a electricidade á túa casa (a distribuidora). Esta última non se pode elixir: depende da zona na que vivas. Pero si podes contratar algunha das comercializadoras eléctricas baratas dispoñibles no mercado libre ou regulado.

Que debes de ter en conta antes de contratar?

  • Prezo por kWh e por potencia contratada: non te fixes só no prezo por enerxía consumida. Revisa tamén o termo fixo.
  • Tipo de tarifa: é fixa, indexada, con discriminación horaria?
  • Duración do contrato e permanencias: asegúrate de que poidas cambiar se non estás satisfecho.
  • Costes adicionais: revisa se inclúen servizos de mantemento obrigatorios ou seguros non solicitados.

Comparar eses factores permitirache elixir unha compañía eléctrica que realmente se axuste aos teus hábitos de consumo e necesidades.

Realmente podes aforrar elixindo unha comercializadora de luz máis barata?

A resposta curta é si, pero con matices. No mercado eléctrico español existen moitas comercializadoras de luz baratas, tanto do mercado libre como do regulado, que compiten por ofrecer as tarifas máis atractivas. Isto pode xogar ao teu favor se sabes como comparar e que mirar máis alá do prezo.

Unha boa elección pódese traducir nun aforro real na túa factura, sobre todo se elixes unha tarifa adaptada ao teu consumo. Por exemplo, se gastas máis pola noite, optar por unha con discriminación horaria pode ser clave. Tamén infúe o tipo de tarifa: algunhas compañías eléctricas ofrecen prezos fixos, que che dan estabilidade durante todo o ano, mentres que outras teñen tarifas segundo o prezo do mercado, que poden saír máis baratas se sabes adaptar o teu consumo aos momentos máis económicos.

Porén, non se trata só de buscar o prezo máis baixo. Moitas veces, as ofertas máis agresivas esconden custos ocultos: permanencias, penalizacións, servizos de mantemento obrigatorios ou seguros que non precisas. Por iso é importante ler a letra pequena e ter en conta todos os conceptos que inflúen no custo total da túa factura: o termo fixo (potencia contratada), o termo variable (enerxía consumida), os impostos e os posibles custos engadidos.

Outro factor importante é a transparencia e o servizo de atención a clientes. Aforrar uns céntimos ao mes non compensa se logo tes dificultades para resolver un problema ou entender a túa factura. Por iso, convén elixir unha comercializadora que non só ofreza bos prezos senon tamén claridade e proximidade.

E que ofrece Máis Enerxía?

Máis Enerxía é unha compañía eléctrica galega con clientes en todo o territorio nacional que aposta pola proximidade, a transparencia e a adaptación real ás necesidades de cada consumidor. A nosa proposta afástase das tarifas confusas ou cheas de letra pequena e pon o foco en algo fundamental: que comprendas o que estás a pagar e por que. Entre as nosas tarifas de luz podes elixir:

  • Máis Estable Única: tarifa fixa de luz, con prezo fixo as 24h do día, sen sustos.
  • Máis Estable: tarifa fixa de luz por tramos horarios, con discriminación horaria, para aproveitar os tramos máis baratos.
  • Máis Xusta: unha tarifa con prezo a custo de mercado, que se axusta ás túas necesidades.

Ademais, as nosas tarifas non teñen permanencia nin letra pequena, pero o que realmente nos diferencia é como te atendemos. En Máis Enerxía cremos que a enerxía non debe ser só un produto, senon tamén unha experiencia baseada na confianza. Por iso apostamos por un trato próximo, directo e sin intermediarios impersoais.

Cando tes unha dúbida, aténdeche unha persoa. Cando precisas de axuda, a resposta non chega desde unha centraliña automatizada, senon das nosas oficinas, cun equipo que te escoita, te comprende e che dá solucións. Non hai chamadas eternas, nin formularios que acaban en nada. Aquí sabes con quen falas, e podes contar con alguén que realmente se preocupa polo teu caso.

Este enfoque próximo e humano permítenos resolver incidencias máis rápido, adaptar as nosas propostas ás túas necesidades reais e ofrecer un servizo de luz onde as túas necesidades son a parte máis importante. Porque aforrar non debería implicar renunciar a unha boa atención. Ao contrario: cremos que é xusto aí onde comeza o verdadeiro valor dunha compañía eléctrica.

Entón, son os provedores de electricidade máis baratos? A resposta máis clara é: si, podes pagar menos facendo unha boa elección. Por iso sempre recomendamos ir máis alá do prezo e considerar todos os factores para que teñas a experiencia que mereces. Falamos?