
Comparativa das tarifas de luz de Máis Enerxía
Elixir tarifa de luz pode parecer complexo. Hai prezos que cambian cada hora, tramos horarios que non sempre se comprenden ben e condicións que, moitas veces, se explican mal. Nun mundo onde todo parece deseñado para confundir, en Máis Enerxía apostamos por todo o contrario: claridade, confianza e opcións reais para cada tipo de persoa.
Sabemos que non en todos os fogares se consome a enerxía do mesmo xeito: hai quen traballa a distancia e pasa todo o día na casa, quen só acende as luces ao chegar pola noite, quen se organiza para aforrar ou quen só quere esquecer o reloxo e pagar sempre o mesmo.
Por iso en Máis Enerxía deseñamos tres tarifas diferentessen permanencias, pensadas para adaptarse aos teus hábitos, horarios e forma de empregar a enerxía:
Máis Estable Única: tranquilidade total cun prezo fixo 24h
Comezando a comparativa de tarifas de luz, Máis Estable Única é perfecta se o que máis valoras é a estabilidade e a previsibilidade. Con esta tarifa pagas sempre o mesmo prezo por cada kWh de electricidade, sen importar a hora do día nin as variacións do mercado eléctrico. É ideal se:
- Tes un consumo repartido ao longo do día.
- Non podes ou non queres estar pendente de a que hora poñer a lavadora.
- Prefires saber desde o primeiro día canto vas pagar.
Con esta opción non hai sorpresas: nin subidas inesperadas nin diferenzas entre horas caras e baratas. Olvidas os tramos horarios e aseguras un prezo fixo durante todo o período de facturación. Ademais, como todas as nosas tarifas, vén sen permanencia, sen letra pequena e con atención directa desde Galicia.
Máis Estable: aproveita os tramos máis baratos do día
A tarifa Máis Estable é para quen pode organizar o seu consumo enerxético. Es dos que poñen o lavalouzas pola noite ou prancha na fin de semana? Entón esta tarifa pode axudarche a aforrar axustando os teus hábitos.
Funciona con discriminación horaria, o que significa que hai tres prezos distintos segundo o momento do día para os períodos Punta (P1), Chá (P2) e Val (P3).
Dentro da comparativa de tarifas de luz, esta adáptase ben a fogares con flexibilidade horaria ou a persoas que traballan a distancia e poden axustar os consumos. Eso sí: require un pouco máis de atención aos horarios, malia que os beneficios poden notarse bastante na factura se concentras o teu consumo nos períodos máis baratos e na fin de semana.
Máis Xusta: enerxía a custo de mercado, sen engadidos
A tarifa Máis Xusta ofrece o prezo real da luz, segundo se fixa no mercado, sen marxes ocultas. Deste xeito pagas o xusto en función do custo de mercado.
Esta opción é ideal para persoas que:
- Buscan unha tarifa flexible que se adapte ao seu consumo nas horas máis económicas.
- Queren pagar o xusto, sen que inflen o custo real da enerxía.
- Queren ver reflectidas na súa factura as baixadas do prezo de mercado.
A Máis Xusta pode saír moi ben de prezo se aproveitas os tramos con prezos baixos (por exemplo, durante a noite ou nas fins de semana). Tamén é unha tarifa moi transparente:en cada factura podes ver de forma clara canto custou a enerxía e cal foi o teu consumo. É a máis axeitada se comprendes como funciona o mercado eléctrico e queres notar de forma inmediata as baixadas do prezo da luz.
Comparativa de tarifas de luz: Cal é a mellor para ti?
Non hai unha resposta única porque cada fogar e cada persoa teñen unhas necesidades diferentes. O importante é que poidas elixir unha tarifa que se adapte a ti, non ao revés.
Se tes calquera dúbida podes contactarnos e asesorámoste de forma personalizada e sen compromiso. Analizamoso teu consumo, os teus horarios e os teus hábitos para che recomendar a tarifa que realmente se adapta a ti. Porque a mellor enerxía é a que che ofrece tranquilidade, claridade e confianza.
Escollas a tarifa que escollas entre a comparativa de tarifas de luz, hai algo que nunca cambia en Máis Enerxía: o noso compromiso cun trato cercano, transparente y humano. Cremos que unha boa tarifa non só debe de ser competitiva senon tamén clara e acompañada dun servizo pensado para ti. Aquí non hai centraliñas automáticas nin respostas gravadas. Somos un equipo humano preparado para che axudar.