Á hora de reducir o importe da factura eléctrica, non todo pasa por consumir menos. En moitos fogares, unha das formas máis efectivas de pagar menos pola luz é aproveitar a discriminación horaria, unha modalidade de tarifa que ofrece diferentes prezos segundo o momento do día no que consumas enerxía.

Este sistema permite que adaptes o teu consumo ás horas máis económicas, acadando un aforro real sen necesidade de renunciar aos teus hábitos nin investir en novos electrodomésticos.

Que é a discriminación horaria?

A discriminación horaria é un tipo de tarifa eléctrica na que o prezo do kilovatio hora (kWh) varía ao longo do día. Isto significa que non pagarás o mesmo por acender a lavadora ás 11 da mañá que ás 11 da noite.

O obxectivo é incentivar un consumo máis eficiente, desprazando parte do uso eléctrico aos momentos nos que a demanda enerxética é menor. Así conséguese non só reducir a factura, senón tamén equilibrar o emprego da rede eléctrica, beneficiando o conxunto do sistema eléctrico.

Actualmente, existen tres tramos horarios principais:

  • Horas punta: cando a demanda é máis alta e a electricidade custa máis.
  • Horas chá: prezo intermedio, ideal para actividades cotiás.
  • Horas val: o tramo máis económico, perfecto para aproveitar a noite e as primeiras horas da mañá.

Horarios da discriminación horaria

Os horarios poden variar lixeiramente segundo a zona ou a época do ano, pero en xeral os tramos son:

  • Horas punta (máis caras): de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.
  • Horas chá: de 08.00 a 10.00, de 14.00 a 18.00 e de 22.00 a 00.00 horas.
  • Horas val (máis baratas): de 00.00 a 08.00 entre semana, e as 24 horas durante as fins de semana e festivos nacionais.

Isto significa que, se organizas os teus principais consumos (lavadora, lavalouza, secadora, etcétera) durante as horas val, poderás notar unha diferenza significativa na túa factura mensual. Por exemplo, poñer a lavadora ou cargar o coche eléctrico durante a madrugada ou na fin de semana pode custarche ata a metade que facelo en horario punta.

Vantaxes dunha tarifa con discriminación horaria

Optar por unha tarifa con discriminación horaria, tamén coñecida coma tarifa por tramos, ten múltiples beneficios, en especial se sabes adaptar a túa rutina ao novo sistema de prezos.

  1. Aforro real na factura

Se máis do 30% do teu consumo diario se concentra nas horas val, a discriminación horaria pode resultarche moi rendible. Canto máis consumo traslades ás franxas económicas, maior será o aforro.

  1. Consumo máis eficiente e sostible

Axustar o emprego da enerxía aos momentos de menor demanda contribúe a un sistema eléctrico máis equilibrado e sostible, reducindo a presión sobre a rede e as emisións asociadas á xeración.

  1. Tarifas transparentes e flexibles

En Máis Enerxía apostamos por tarifas sen letra pequena nin permanencias. Ti decides cando e como consomes, sabendo sempre que estás a pagar por cada tramo horario.

  1. Ideal para segundas vivendas ou teletraballo

Si tes unha casa vacacional ou traballas desde casa, a discriminación horaria pode axudarche a aproveitar os momentos de menor custo enerxético sen alterar o teu día a día.

Máis Enerxía: axudámosche a adaptar a tarifa de luz aos teus hábitos

En Máis Enerxía axudámosche a analizar os teus hábitos e a elixir a opción máis conveniente para ti. Con tarifas sen permanencia, atención personalizada desde Galicia e total transparencia, queremos que entendas a túa enerxía e a aproveites ao máximo.

Si quieres cambiar a unha tarifa con discriminación horaria, é un procedemento sinxelo e sen complicacións. Se xa es cliente de Máis Enerxía só tes que contactar connosco para solicitar o cambio. Encargámonos de todo, sen cortes na subministración. Porque aforrar é importante, pero facelo con confianza e claridade aínda o é máis.

Falamos?