Elixir a tarifa de gas natural axeitada pode marcar a diferencia entre pagar de máis cada mes ou gozar dunha subministración axustada ás túas necesidades. Malia que a primeira vista pareza un trámite menor, a realidade é que o gas natural é unha das subministracións máis importantes nos fogares, sobre todo durante os meses de frío. Comprender que opcións existen e como se adaptan ao teu consumo é o primeiro paso para aforrar sen renunciar ao confort.

Por que é importante prestar atención a que tarifa de gas elixes

O gas natural é fundamental para quentar unha vivenda, cociñar e mesmo producir auga quente. Por iso un mal axuste na túa tarifa pode traducirse en facturas inesperadas. Ademais non todas as tarifas se adaptan igual ao teu xeito de consumir: algunhas ofrecen estabilidade no prezo mentres que outras reflicten directamente os cambios do mercado.

Seleccionar ben a tarifa de gas non só che axudará a optimizar os teus gastos senón que tamén che permite aproveitar oportunidades como as baixadas do prezo do mercado, as franxas horarias máis económicas e a flexibilidade de cambiar o teu plan segundo muden as túas necesidades. Unha boa elección tamén che asegura tranquilidade: sabes canto vas pagar e evitas sorpresas desagradables a fin de mes.

Entre que tarifas de gas natural podes elixir?

En España as opcións principais para os fogares divídense en tarifa fixa e tarifa variable. Cada unha ten características distintas e adáptase mellor a diferentes tipos de consumo.

Tarifa fija de gas natural: sempre sabes o que pagas

Como o seu nome indicas, nunha tarifa fixa pagas sempre o mesmo prezo polo gas durante todo o período contratado. Isto ofrece estabilidade e previsibilidade na túa factura: sabes exactamente canto vas pagar con independencia das fluctuacións do mercado.

A tarifa fixa é especialmente recomendable se o teu consumo é estable e non queres complicarte coas variacións do mercado. Por exemplo, se tes calefacción durante todo o día ou varios electrodomésticos de gas a funcionar de maneira regular, esta opción permitirache planificar o teu orzamento sen sorpresas.

Tarifa variable de gas: axustada ao prezo de mercado

A tarifa variable está directamente ligada ao prezo do mercado do gas. Isto quere dicir que a túa factura pode subir ou baixar en función de como evolucione o mercado. Esta opción é ideal se tes flexibilidade no teu consumo e podes adaptarte aos momentos de menor prezo, aproveitando as baixadas para aforrar.

Malia que require de unha pouca máis de atención, a tarifa variable pode ser rendible se sabes axustar os teus hábitos: por exemplo, quentando só cando o consumo é máis económico ou axustando a temperatura de forma estratéxica. A clave está en consumir o que precisas no momento máis vantaxoso.

Coñece as tarifas de gas de Máis Enerxía para un consumo adaptado

En Máis Enerxía ofrecemos dúas tarifas deseñadas pensando en diferentes perfís de consumo:

  • Máis Estable: tarifa fixa de gas, ideal para quen busca tranquilidade e previsibilidade na factura. Pagas o mesmo prezo durante todo o día e todo o ano, sen sorpresas.
  • Máis Xusta: tarifa variable de gas, que reflicte o prezo do mercado en tempo real. Perfecta para as persoas que queren aproveitar as baixadas do prezo e teñen flexibilidade nos seus hábitos de consumo.

Ambas as opcións están pensadas para ofrecer transparencia, sen letra pequena nin permanencias, e coa posibilidade de adaptar a túa tarifa se cambian as túas necesidades.

Déixate asesorar por Máis Enerxía para elixir a túa tarifa de gas

En Máis Enerxía cremos que a enexía debe de ser clara, próxima e adaptada a ti. O noso equipo revisa o teu consumo e explícache de forma sinxela cal é a opción que mellor se axusta ao teu fogar. Non hai contestadores automáticos, nin algoritmos confusos: falamos contigo, resolvemos as túas dúbidas e acompañámoste en todo o procedemento.

Ademais, ao contratar connosco contas con flexibilidade total. Se nalgún momento os teus hábitos cambian ou o teu consumo diminúe, podes modificar a túa tarifa sen complicacións. O noso obxectivo é que teñas control absoluto sobre a túa subministración, sen sobresaltos nin sorpresas na factura.

Elixir a tarifa de gas axeitada significa combinar comodidade, aforro e tranquilidade. Coas opcións de Máis Enerxía, tanto se prefires a estabilidade dunha tarifa fixa como a flexibilidade dunha tarifa variable, atoparás unha solución feita á túa medida. Porque entender o teu consumo e adaptalo ás túas necesidades é a mellor maneira de gozar do gas natural na casa, aforrando e mantendo o confort.

Falamos?