Máis Enerxía Galega, a compañía de luz e gas que ten as súas oficinas centrais en Vigo, renova a súa alianza coa federación pontevedresa Feprotur e reforza o seu compromiso co desenvolvemento de tarifas e produtos enerxéticos personalizados adaptados ás necesidades de Turismo e Hostalaría en toda a provincia.

Máis Enerxía e Feprotur (Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedra) renovamos o noso acordo marco de colaboración. O obxectivo é continuarmos a ofrecer solucións enerxéticas de luz e gas adaptadas ás necesidades específicas de consumo do sector. Cone sta alianza, en Máis reforzamos o noso compromiso co desenvolvemento de tarifas personalizadas que permitan a establecementos de hostalaría, aloxamento e turismo optimizar os seus consumos e reducir os custos operativos.

Pola súa parte, a federación Feprotur garante a todas as empresas asociadas o acceso a atención personalizada de asesores enerxéticos de Máis Enerxía que porán ao seu dispor tarifas especiais e altamente competitivas. Amplíanse, deste xeito, os beneficios e servizos dispoñibles para as empresas de hostalaría e turismo de Pontevedra.

Un acordo estratéxico para un sector chave en Pontevedra

O sector turístico e hostaleiro é un dos principais motores económicos de Galicia, en especial da provincia de Pontevedra. Ademais é un dos que maior volume de enerxía consome nos seus negocios pola súa actividade constante.

Grazas a este convenio, as empresas asociadas a Feprotur beneficiaranse de condicións exclusivas ao contrataren as súas subministracións de luz e gas con Máis Enerxía. Tamén recibirán asesoramento de persoas expertas para mellorar a eficiencia enerxética de negocios e establecementos.

«Máis Enerxía ten demostrado ser un socio confiable para o sector. Ofrece tarifas flexibles e un servizo 100% personalizado que se adapta ás variacións do mercado enerxético, algo esencial para o funcionamento das empresas do sector. A renovación deste convenio é unha noticia excelente para os nosos asociados. Atoparán en Máis Enerxía un aliado estratéxico para reducir custos e incrementar a súa competitividade », sinalan desde Feprotur.

Tarifas competitivas e asesoramento enerxético para hostalaría e turismo

Desde a compañía enerxética destacan que a súa proposta de valor se basa na claridade, nun servizo personalizado e na busca do máximo aforro que permite o mercado en cada momento aos seus clientes. «A nosa prioridade é ofrecer tarifas de luz e gas que permitan ás empresas operar con seguridade e estabilidade grazas a unha maior previsión dos seus gastos. Analizamos cada caso de xeito individual para ofrecer o produto que mellor se adapta », explican desde Máis Enerxía.

Ademais, Máis Enerxía comprométese a manter os mellores prezos que permite o mercado en cada momento. «Proporcionamos enerxía e acompañamos aos nosos clientes na xestión eficiente dos seus consumos. Queremos que as empresas de turismo e hostalaría de Galicia, neste caso concreto da provincia de Pontevedra, saiban que teñen ao seu dispor un provedor estratéxico que comprende as súas necesidades », engaden.

Consumo enerxético en turismo e hostalaría

  • Custos enerxéticos no sector: A electricidade e o gas poden representar ata un 30% dos custos operativos dun hotel ou restaurante segundo datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).
  • Eficiencia enerxética: Un 60% dos establecementos turísticos de España ten implementado medidas de aforro nos últimos cinco anos dando prioridade ao emprego de enerxías renovables e á optimización dos seus sistemas de climatización e iluminación.
  • Tendencia á alza: A demanda de enerxía do sector medra cada ao por mor do incremento do turismo e a dixitalización dos servizos. Isto fai que contar cunha estratexia enerxética eficiente sexa cada vez máis importante.

Con esta renovación do convenio, Máis Enerxía Galega reforza a súa posición como o socio enerxético chave e máis confiable para a hostalaría e o turismo en Galicia aportando solucións adaptadas ás necesidades dun sector en constante evolución e crecemento.