Máis Enerxía Galega patrocina As Celtas e ilumina o Abanca Balaídos
Máis Enerxía Galega, a compañía galega de luz e gas, pecha unha alianza estratéxica co grupo RC Celta e reafirma a súa aposta pola sustentabilidade e o apoio ao deporte local ao converterse no novo patrocinador oficial do equipo de fútbol feminino As Celtas. Ademais, a compañía enerxética con oficinas centrais en Vigo será a encargada de subministrar enerxía 100% verde ao estadio Abanca Balaídos, fogar do RC Celta en Vigo, e ao resto de instalacións do Grupo RC Celta: Instalacións Deportivas A Madroa, Cidade Deportiva Afouteza e A Sede.
Este movemento reforza a posición de Máis Enerxía Galega como líder no mercado enerxético galego e nacional, non só pola súa capacidade para ofrecer tarifas claras e competitivas, senón tamén pola súa firme aposta pola sustentabilidade e a proximidade. A alianza con As Celtas e o Grupo RC Celta supón un fito na estratexia da compañía, que busca iluminar non só os fogares e os negocios, senón tamén o corazón dos galegos a través dun deporte tan arraigado na comunidade.
Compromiso coa sustentabilidade
O estadio olívico Abanca Balaídos, coñecido por ser a casa do RC Celta, súmase así á revolución enerxética que lidera Máis Enerxía Galega. A compañía, que destaca pola súa audaz visión nos mercados eléctrico e gasístico, achegará enerxías renovables, amosando que é posible combinar a paixón polo deporte cun compromiso real co medio ambiente.
O pasado 2 de setembro, as instalacións de A Madroa, onde adestran e xogan As Celtas, foron o escenario da presentación oficial do convenio. Durante o acto, ao que asistiron a presidenta, o directora xeral e o xerente de Máis Enerxía Galega, presentouse a nova equipación oficial do equipo feminino, que agora leva a imaxe da compañía. Este evento non só supuxo o inicio dunha importante colaboración, simbolizou o compromiso da compañía co deporte feminino.
Ademais, este patrocinio ten un significado especial para Máis, compañía enerxética presidida por unha muller, na liña do liderado feminino do Grupo RC Celta.Durante a presentación do convenio, a presidenta de Máis Enerxía Galega destacou a importancia de apoiar o deporte feminino como motor de igualdade e como reflexo dos valores da compañía: proximidade, claridade e compromiso de futuro.
Para As Celtas, equipo emerxente no fútbol feminino galego, contar co apoio dunha compañía da magnitude de Máis Enerxía Galega supón un impulso importante. Esta colaboración subliña a importancia de apoiar as categorías deportivas femininas, un valor que Máis Enerxía comparte e promove activamente.
Un paso adiante en proximidade e liderado
Máis Enerxía Galega, que cumpriu recentemente o seu décimo aniversario, demostra que o seu crecemento non está rifado coa súa esencia: un trato próximo e claro cos seus clientes. “Esta alianza non só nos permite seguir a avanzar na nosa misión de ser un faro de sustentabilidade, senón que reforza a nosa conexión coa comunidade galega, apoiando un deporte que tamén forma parte da nosa identidade”, dixo D. Presas, Presidenta da compañía.
Máis consolidouse como referente no sector enerxético coas persoas sempre no centro da súa estratexia. A enerxética soubo combinar a innovación tecnolóxica cun servizo próximo e humano, elementos que foron chave para manter e aumentar a confianza dos seus clientes ao longo dos anos.
Un futuro brillante e máis sostible
A iluminación do estadio de Abanca Balaídos con enerxía 100% verde é só unha mostra do que Máis Enerxía Galega ten preparado para o futuro. Con esta iniciativa, a compañía non só destaca como provedora de luz e gas, senón como aliada comprometida coa construción dun futuro máis sostible e xusto, tanto para as novas xeracións de deportistas como para toda a cidadanía.
Máis Enerxía Galega mantense firme no seu propósito de ser unha referencia no sector polo servizo e como líder na adopción de enerxías renovables, demostrando que liderado empresarial e sustentabilidade poden ir da man.
Nos medios