
Máis Enerxía lanza a súa nova campaña “Iluminando o noso”
Máis Enerxía presenta a súa nova campaña institucional “Iluminando o noso” cunha peza audiovisual que recolle con forza e sutileza a esencia da compañía: estar cerca, ofrecer seguridade e transmitir tranquilidade cuando máis se precisa.
Un relato visual de apagón e esperanza
O spot comeza cun instante inesperado: un apagón que mergulla rúas, fogares e xente na escuridade. Esa ausencia repentina da luz xera un silencio, un baleiro que fai que nos detivermos no esencial: a necesidade de sentirnos acompañados e protexidos.
É entón cando a luz regresa: primeiro tímida e logo firme. As farolas acéndense, os fogares recuperan vida, as persoas retoman os seus camiños. O regreso da claridade non é só un xesto técnico senón unha declaración de intencións: Máis Enerxía está aí cando máis falta fai.
O faro, símbolo de guía e identidade
O relato conclúe cunha imaxe poderosa: un faro que se ergue sobre a costa galega, proxectando a súa luz firme e constante. Máis que un emblema visual, o faro é a metáfora perfecta da compañía: unha presenza sólida que guía, que coida e que marca o rumbo con seguridade.
Un slogan que fala de proximidade real
A voz en off do vídeo resume o compromiso da compañía con palabras pensadas para permanecer na memoria:
“Se todo se apaga, nós estamos máis cerca, centrados no que máis che importa. Máis Enerxía, iluminando o noso.”
Este slogan non só reivindica a importancia da proximidade e do trato humano, senón tamén a capacidade de competir desde Galicia con produtos de calidade e marxes xustos, sen perder a vocación de coidar ás persoas.
A aposta: crecer desde Galicia cara ao mundo
Con esta campaña, Máis Enerxía quere demostrar que a confianza non se constrúe con artificios, senón con feitos: un servizo sólido, unha relación próxima e unha filosofía que sitúa ás persoas no centro. Desde aquí, desde Galicia, a compañía reafirma que é posible chegar a calquera lugar sen esquecer nunca a súa orixe e o seu compromiso co que de verdade importa.