Máis Enerxía e o Grupo RC Celta reforzan a nosa aposta polo futuro do fútbol feminino coa Copa Máis Enerxía . A primeira edición deste torneo de fútbol feminino celebrarase os días 19 e 20 de abril nas instalacións deportivas da Madroa. Contará coa participación de equipos xuvenís das principais seleccións galegas.

Con esta iniciativa preténdese fomentar o deporte desde idades temperás, fomentar hábitos de vida saudables, e reforzar a visibilidade e o desenvolvemento do fútbol feminino galego. A Copa Máis Enerxía disputarase en dúas xornadas: o sábado día 19 disputaranse os partidos da categoría F-8, con 15 equipos participantes. Tamén haberá un torneo amigable que contará con seis equipos infantiles, así como unha exhibición entre o Celta Integra e o As Celtas. O domingo día 20 será a quenda da categoría F-11, con seis equipos xuvenís e oito cadetes.

Como Patrocinador Oficial de As Celtas e Provedor Oficial de Enerxía do RC Celta, estreitamos os vínculos co club celeste. Ademais de iluminar o estadio Abanca Balaídos, as instalacións deportivas da Madroa, a Cidade Deportiva de Afouteza e A Sede, coa posta en marcha da Copa Máis Enerxía, reforzamos o noso papel de socio enerxético estratéxico en todos os ámbitos do club.

Esta nova colaboración renova o noso compromiso coa igualdade, o deporte e o desenvolvemento do talento feminino en Galicia. Facémolo cunha enerxía que non só ilumina grandes estadios, senón tamén soños de Máis futuro.

Convidámosvos a consultar toda a información na web do Grupo RC Celta a través desta ligazón.

Cartel da Copa Máis Enerxía 2025