Contratar
WhatsApp Chamar/Llamar

Calculadora de aforro
en Luz e Gas

Recibe de forma inmediata un cálculo de aforro sobre as túas facturas de Luz e Gas. Totalmente gratis e sen compromiso para que escollas con toda a confianza.

Prefires asesoramento personalizado?
Chamámoste!


Se algunha vez miraches a túa factura da luz ou do gas sen entender moi ben que estás a pagar, mantén a calma, é normal.

En Máis Enerxía sabemos que a maior parte dos fogares senten que poderían estar a pagar menos, pero non saben exactamente canto nin como aforrar. Por iso creamos a nosa calculadora de aforro de luz e gas, unha ferramenta pensada para che axudar a descubrir de forma sinxela se a túa tarifa actual é a que realmente precisas.

Porque a enerxía nunca debe de ser un crebacabezas, senón un servizo que se adapta a ti.

Que fai a calculadora de aforro de luz e gas?

Enerxía con toda a tranquilidade

O obxectivo desta ferramenta é claro: analizar a túa factura enerxética e ofrecerche unha estimación real do que pagarías cunha tarifa máis axustada ao teu consumo. Só tes que enviar a túa factura actual e nós facemos os números por ti.

Comparamos os datos da túa subministración, como a potencia contratada, o consumo mensual ou o tipo de tarifa, coas diferentes opcións dispoñibles en Máis Enerxía. Así poderás saber:

Se a túa tarifa actual é a que mellor se axusta aos teus hábitos no día a día e é a mellor para ti.

Canto poderías aforrar cada mes nas túas facturas de luz e gas se fas o cambio a Máis Enerxía.

Que tipo de tarifa che convén máis: fixa, con discriminación horaria ou indexada a custo de mercado.

Deste xeito poderás calcular a túa tarifa de luz ideal sen complicacións, con total transparencia e sen compromisos.

Por que calcular a túa tarifa pode marcar a diferencia?

A maior parte das persoas contratan unha tarifa de luz ou gas e mantéñena durante anos sen a revisar, malia que os seus hábitos muden. Porén, pequenos axustes poden supoñer grandes aforros a fin de ano.

Coa nosa calculadora de luz e gas, descubrirás se estás a pagar de máis por unha potencia innecesaria, ou cal é a mellor tarifa de luz: se poderías aproveitar as horas val cunha tarifa con discriminación horaria ou se che conviría máis unha tarifa variable para conseguir o mellor prezo de electricidade sen complicáreste.

En Máis Enerxía témolo claro: aforrar comeza por entender o que pagas. Por iso queremos que poidas ver de forma sinxela como inflúe o teu consumo na túa factura e que podes facer para reducila sen perder confort.

Un servizo pensado para ti: sen letra pequena, sen contestadores e desde Galicia

Asesoramento personalizado

Detrás da nosa calculadora do custo da luz e do gas non hai algoritmos nin respostas automáticas. Hai un equipo de profesionais que revisa a túa factura con calma e che explica de forma clara e próxima como poderías pagar menos sen renunciares á calidade da subministración.

Enerxía que se adapta a ti

Sabemos que cada fogar é diferente. Non consume igual unha familia numerosa que un piso pequeno ou unha segunda residencia. Por iso a nosa análise non se basea en medias nin estimaciones xenéricas: axudámoste a atopar a mellor tarifa de luz e gas para ti, adaptada á túa realidade.

Sen compromisos nin permanencias

Ademais, en Máis Enerxía non hai permanencias nin letra pequena. Se nalgún momento mudan as túas necesidades ou hábitos, poderás modificar a túa tarifa de xeito libre para queu o control da túa enerxía estea nas túas mans.

Como funciona o comparador de luz e gas?

Calcula o teu aforro en poucos minutos

O procedemento para empregar a nosa calculadora de tarifas de luz e gas é moi sinxelo.

Envía a túa factura

Só precisas subir unha copia da túa factura actual de luz ou gas a través do formulario que atoparás máis abaixo nesta páxina.

Analizamos os teus datos

Revisamos o teu consumo, a potencia contratada e o tipo de tarifa para detectar posibles melloras.

Amosámosche o teu aforro

Indicámosche canto poderías aforrar cada mes e cal sería a tarifa que máis che convén segundo o teu perfil.

Ti decides

Se queres cambiar a Máis Enerxía, nós encargámonos do proceso por ti. Non tes que complicarte para gozar de Máis tranquilidade.

O noso compromiso é claro: transparencia, aforro e atención personalizada. Queremos que cada cliente entenda o que está a pagar, por que e como pode mellorar o seu consumo.

Comeza a aforrar hoxe co comparador de Luz e Gas de Máis Enerxía

A enerxía pode ser máis sinxela. Enviar a túa factura só será un minuto e pode supoñer un aforro real na túa próxima factura. Non precisas facer cálculos complicados nin comparar tarifas pola túa conta: nós facémolo por ti, coa nosa cercanía e total claridade.

En Máis Enerxía traballamos desde Galicia co obxectivo de ofrecer tranquilidade absoluta adaptando os nosos produtos e servizos a cada fogar ou negocio. Porque cremos que entender a túa enerxía é o primeiro paso para un consumo Máis xusto. Comezamos?

Calcula o teu aforro en Luz e Gas

Recibe agora unha oferta personalizada gratis e sen compromiso

Ao encheres este formulario recibirás unha comparativa gratuíta e sen compromiso co aforro que podes conseguir nas túas facturas de luz e/ou gas. O noso equipo analizará os teus datos e contactará contigo en menos de 24 horas para che indicar a tarifa que mellor se adapta a ti. Aforra con Máis confianza!


Tes dúbidas sobre a túa subministración de enerxía?

Axudámoste a atopar a mellor opción

Chamámoste para te asesorar persoalmente. Gratis e sen compromiso!