Doutor Cadaval, 3, 2º, Vigo
900 373 371
Doutor Cadaval, 3, 2º, Vigo
  • Galego
  • Spanish
900 373 371

Calcula o teu aforro
en Luz e Gas

Recibe de forma inmediata un cálculo de aforro sobre as túas facturas de Luz e Gas. Totalmente gratis e sen compromiso para que escollas con toda a confianza.

Prefires asesoramento personalizado?
Chamámoste!

 


Calcula o teu aforro en Luz e Gas

Recibe agora unha oferta personalizada gratis e sen compromiso

Ao encheres este formulario recibirás unha comparativa gratuíta e sen compromiso co aforro que podes conseguir nas túas facturas de luz e/ou gas. O noso equipo analizará os teus datos e contactará contigo en menos de 24 horas para che indicar a tarifa que mellor se adapta a ti. Aforra con Máis confianza!


O que todos queren saber

1. Existe un período de permanencia asociado ás tarifas?

Non. As nosas tarifas non teñen permanencia.

2. Que é CUPS e por que é importante?

O Código Universal de Punto de Subministración (CUPS) é un identificador único para cada punto de subministración de enerxía. é importante porque permite ás empresas identificar e xestionar con precisión as subministracións. Poderás encontrar os teus CUPS na túa factura de electricidade ou gas actual.

3. Canto tempo tardarei en recibir unha resposta logo de enviar a solicitude?

Comprometémonos a responder á túa solicitude nun prazo de 24 horas hábiles para confirmar os teus datos e completar a túa comparativa de aforro, sen compromiso.

4. Como podo obter máis información sobre tarifas e condicións?

Para máis información sobre as nosas tarifas e condicións, visita a nosa web www.maisenerxia.com ou contacta co noso equipo de atención a clientes no 900 373 371. Estaremos encantados de resolver todas as túas dúbidas.

5. Que pasa se non estou seguro de querer contratar?

Non te preocupes. O procedemento de solicitude en liña non constitúe un contrato formal. Logo de completar o formulario, contactaremos contigo para confirmar os teus datos e formalizar o contrato.

6. Como podo cancelar ou modificar o meu contrato se é necesario?

Para cancelar ou modificar o teu contrato, simplemente contacta connosco a través da nosa páxina web ou no número de teléfono gratuíto de atención a clientes 900 373 371.

7. Que pasa se hai un problema durante o procedemento de contratación?

Se houber algún problema durante o procedemento de contratación, o noso equipo estará ao teu dispor para solucionalo de forma rápida e eficaz. A túa satisfacción é a nosa prioridade e esforzarémonos para garantir que o procedemento se complete sen problemas.

8. Que información debo proporcionar para completar o procedemento de contratación?

Para completar o procedemento de contratación, deberás proporcionar información básica como o teu nome, dirección, número de CUPS e datos de contacto.

9. Existen cargos ocultos ou custos adicionais que deba de ter en conta?

Non, en Máis Enerxía Galega estamos comprometidos con ofrecer total transparencia. Non hai cargos ocultos nin custos adicionais asociados ao noso servizo.

10. Que medidas de seguridade tedes para protexer os meus datos personales durante a contratación?

Tomamos moi en serio a seguridade dos teus datos persoais. Empregamos medidas de seguridade avanzadas para protexer a túa información en todo momento e cumplir con todas as normativas en vigor de protección de datos. Podes confiar en que os teus datos estarán seguros connosco.