
Gas natural vs electricidade: cal elixir para o fogar?
Nun contexto no que cada vez se valora máis a eficiencia enerxética, o impacto ambiental e o aforro a longo prazo, elixir entre gas natural vs electricidade para alimentar un fogar non é unha decisión a pasar por alto. Ambas as fontes enerxéticas presentan vantaxes e inconvenientes, e a mellor opción pode variar segundo o tipo de vivenda, a zona xeográfica, os hábitos de consumo e, por suposto, a oferta das compañías enerxéticas. Por iso neste post os profesionais de Máis Enerxía dan as chaves para que poidas elixir o máis axeitado para ti. Continúa a ler!
1. Consumo e eficiencia: que enerxía rende máis entre gas natural vs. electricidade?
O gas natural ten sido tradicionalmente unha fonte enerxética eficiente para a calefacción e o auga quente. O seu poder calorífico é algo e permite quecer grandes espazos en pouco tempo. Por iso en moitas vivendas unifamiliares ou climas fríos o gas ten sido o preferido para caldeiras e sistemas de calefacción central.
A electricidade, en cambio, ten estado vencellada durante moito tempo cun maior custo por unidade de enerxía térmica xerada malia que isto está a mudar. As novas tecnoloxías como as bombas de calor ou os sistemas de aerotermia permiten obter un rendemento enerxético moi alto a partir de electricidade, mesmo superior ao do gas, o que as fai unha opción moi eficiente, sobre todo se se combinan con enerxías renovables como a solar.
2. Custo: cal é máis económica?
Historicamente, o gas natural ten ofrecido prezos máis baixos en termos de custo por kilovatio hora (kWh). Porén, nos últimos anos o prezo tanto do gas coma da electricidade sufriu grandes variacións por mor de factores relacionados coa xeopolítica internacional.
O prezo final dependerá de moitos factores: o tipo de tarifa contratada, o emprego que se lle dea (cociña, calefacción, auga quente, etcétera) e da eficiencia dos aparellos. Por exemplo, un fogar electrificado con sistemas eficientes pode acabar pagando menos que un que dependa do gas se está ben optimizado.
Neste sentido, en Máis Enerxía ofrecémosche tarifas eléctricas competitivas, transparentes e adaptadas a cada tipo de consumo. Isto permite que a electricidade sexa unha opción rendible mesmo para usos que antes eran exclusivos do gas natural.
3. Sostibilidade: impacto ambiental do gas vs. a electricidade
Desde o punto de vista medioambiental, a electricidade ten unha vantaxe clara cando se produce a partir de fontes renovables. O gas natural, malia que máis limpo que outros combustibles fósiles coma o carbón ou o gasóleo, segue a ser unha fonte de enerxía non renovable e emite CO2 durante a súa combustión.
Electrificar o fogar con enerxía de orixe renovable supón reducir considerablemente a pegada de carbono. Ademais, permite contribuír á transición enerxética e a un modelo de consumo máis responsable.
4. Comodidade e mantemento
O gas natural require dunha infraestrutura específica: rede de subministración, instalación de caldeira, revisións periódicas, etcétera. Isto implica un mantemento constante e, nalgúns casos, custos asociados ao mesmo.
A electricidade, en cambio, non require de instalacións complexas para o seu emprego en calefacción, auga quente ou cociña. Os sistemas eléctricos modernos son sinxelos de instalar, requiren pouco mantemento e ofrecen un alto grao de automatización. Ademais, suprimen riscos como fugas de gas ou acumulación de monóxido de carbono.
5. Que tendencia hai para o futuro?
Cada vez máis fogares apostan por sistemas eficientes alimentados por electricidade que se poden combinar con autoconsumo solar, baterías e tecnoloxías intelixentes para reducir o consumo enerxético e maximizar o aforro.
Esta transición non só é desexable desde o punto de vista ambiental, senon tamén desde a perspectiva económica e da independencia enerxética. A medida que as renovables gañan peso no mix eléctrico e que as tarifas se adaptan mellor ao consumo real, a electricidade convértese nunha opción máis competitiva e eficiente que o gas natural.
Conclusión: gas natural ou electricidade? A decisión entre gas natural e electricidade debe de se basar nas túas necesidades, no tipo de vivenda e nas túas prioridades en canto a sostibilidade, comodidade e custo. Pero se algo parece claro é que a electrificación do fogar é unha tendencia imparable, sobre todo cando se combina con tarifas honestas e un servizo de calidade como o de Máis Enerxía. Optar pola electricidade hoxe é apostar polo aforro, a eficiencia e o futuro.