Unha das dúbidas máis comúns cando falamos da factura da luz é a potencia contratada. Moitas veces pásase por alto por alto e, porén, é un dos aspectos que máis inflúe no importe a pagar cada mes.

Contratar máis potencia da que realmente se precisa supón gastar de máis de maneira fixa, mentres quedar curto pode xerar cortes de subministración se se acenden varios electrodomésticos ao mesmo tempo. Entón, como saber que potencia eléctrica debes contratar?

Que é a potencia eléctrica contratada?

A potencia contratada é a cantidade de electricidade que podes usar ao mesmo tempo na túa vivenda. Mídese en kilovatios (kW) e determina cantos aparellos eléctricos podes ter conectados de forma simultánea sen que salte o interruptor de control de potencia (ICP).

Por exemplo, se acendes a calefacción eléctrica, o forno e a lavadora ao mesmo tempo e a túa potencia contratada é baixa, é probable que se produza un corte. En cambio, se a túa potencia é máis alta, poderás empregar varios electrodomésticos á vez sen problema. Por iso, para saber que potencia contratar, a clave está en atopar o equilibrio: suficiente potencia para cubrir as túas necesidades cotiás pero sen pagar de máis por un marxe innecesario.

Como inflúe a potencia na túa factura?

A potencia eléctrica non só determina a capacidade da túa instalación senón que tamén ten un custo fixo na túa factura, con independencia do teu consumo real.

Isto quere dicir que malia que un mes non empregues case electricidade, seguirás a pagar pola potencia contratada. De aí a importancia de axustala ben: cada kW de máis supón un gasto adicional en cada factura mensual.

Se contratas unha potencia excesiva, estarás a pagar por unha capacidade que non aproveitas. Se contratas demasiado pouca, aforrarás na parte fixa, pero terás que convivir cos inconvenientes dos cortes cando empregues varios equipos ao mesmo tempo.

Factores a considerar ao elixir a potencia contratada

1. Tamaño e características da vivenda
Un piso pequeno, con poucos electrodomésticos e sen calefacción eléctrica, non precisará a mesma potencia que unha casa grande con varios aparellos de alto consumo.

2. Número de persoas no fogar
Un fogar no que viven unha ou dúas persoas adoita ter un consumo máis baixo e simultáneo que unha familia numerosa, onde varios dispositivos poden estar en marcha á vez.

3. Tipo de electrodomésticos e sistemas de climatización
A potencia precisa dependerá en grande medida de que electrodomésticos teñas na casa. O forno, a vitrocerámica, a secadora e a calefacción eléctrica son algúns dos aparellos que máis consomen e que poden condicionar a potencia a contratar.

4. Hábitos de consumo
Se adoitas poñer a lavadora mentres cociñas e empregas a calefacción ao mesmo tempo, precisarás máis potencia que se divides o uso dos teus electrodomésticos.

5. Sistema eléctrico dispoñible na túa zona
A distribuidora marca unhas potencias normalizadas que podes contratar. Non sempre poderás elixir calquera cifra exacta senón os tramos dispoñibles.

Como calcular a potencia eléctrica axeitada

Elixir a potencia eléctrica correcta é fundamental para optimizar o consumo, e vitar gastos innecesarios e garantir que todos os electrodomésticos funcionen sen problemas. Existen distintas formas de saber que potencia de luz contratar:

  • Revisar a potencia actual contratada: se nunca tes tido cortes e a túa factura parece elevada, pode que teñas marxe para reducila. Se nunca salta o ICP, é posibé que a túa potencia estea por enriba do que precisas.
  • Observar os teus hábitos de consumo: o número de persoas na vivenda, o tamaño do fogar e o uso simultáneo de electrodomésticos inflúen directamente na potencia necesaria.
  • Consultar cun profesional autorizado: a maneira máis segura de saber que potencia contratar é solicitar a valoración dun electricista ou contactar directamente coa distribuidora da túa zona. Eles poden analizar de forma técnica as características da túa instalación e ofrecerche unha recomendación precisa.

En Máis Enerxía axudámosche a resolver calquera dúbida e orientámoste sobre os pasos a seguir para axustar a potencia á túa medida, sempre con información clara e contrastada. O noso compromiso é que tomes a mellor decisión para o teu consumo e o teu peto, con total seguridade.

Potencia recomendada segundo o tipo de fogar

Malia que cada caso é único, a modo orientativo podemos establecer estes rangos para saber que potencia de luz contratar:

  • Vivendas pequenas con poucos electrodomésticos: entre 2,3 kW e 3,45 kW.
  • Pisos medianos con 2-3 persoas e consumo medio: entre 3,45 kW e 4,6 kW.
  • Viviendas grandes ou familias con máis de 3 membros: entre 4,6 kW e 5,75 kW.
  • Casas con calefacción eléctrica ou alto consumo: a partir de 5,75 kW.

Estes valores non son absolutos pero poden servir de guía inicial para facer unha idea das túas necesidades reais.

E que pasa se quero cambiar a miña potencia contratada? Se logo de revisar o teu consumo descobres que estás a pagar de máis, ou que quedas curto, podes solicitar un cambio de potencia. É un trámite que se realiza a través da túa comercializadora pero xestiónao a distribuidora da túa zona..

Hai que ter en conta que só se permite un cambio de potencia por ano e que a modificación conleva un custo regulado. Aínda así, o aforro anual que podes obter ao axustar a túa potencia adoita compensar a inversión en poucos meses.

A importancia de elixir ben a tarifa

A potencia é só unha parte da ecuación: a outra é a tarifa de luz que contrates. En Máis Enerxía poñemos ao teu dispor diferentes opcións adaptadas ao teu perfil de consumo:

Todas elas sen permanencia, sen letra pequena e con atención personalizada desde Galicia.

Elixir a potencia axeitada non é un detalle menor: pode marcar a diferencia entre pagar de máis cada mes ou sufrir incomodidades por cortes innecesarios. Axustala ás túas necesidades reais, xunto cunha tarifa transparente e flexible é clave para tener un suministro eficiente y económico.

En Máis Enerxía axudámosche a comprender o teu consumo, saber que potencia contratar para que se adapte ao teu fogar e necesidades, e atopar a tarifa máis conveniente para que goces da túa enerxía sen compicacións

Falamos?