
A túa factura da luz non deixa de subir: 7 erros comúns e como evitalos
Que a factura da luz suba sen que cambiases apenas os teus hábitos é unha das situacións máis frustrantes para calquera fogar. Ás veces o problema non está nun só factor, senón nunha suma de pequenos erros que van encarecendo o recibo mes a mes. A boa noticia é que moitos deles pódense detectar e corrixir con facilidade se sabes onde mirar.
Entender que está a facer crecer a túa factura é o primeiro paso para tomar o control. Non sempre se trata de consumir menos custe o que custe senón de consumir mellor. Revisar a tarifa, axustar a potencia, usar ben os electrodomésticos e evitar descoidos cotiáns pode marcar unha diferenza real no importe final.
Cales son os erros que fan que suba a túa factura da luz?
1. Ter unha potencia contratada que non se axusta ao teu fogar
Un dos erros na factura de luz máis habituais é pagar por unha potencia máis alta da que realmente necesitas. A potencia contratada é a parte fixa da factura, así que aínda que non consumas apenas enerxía seguirás pagándoa todos os meses. Se tes demasiada, estás a pagar de máis sen necesidade.
Pola contra, se a potencia queda curta podes sufrir saltos de luz cando acendes varios aparellos á vez. Por iso convén revisar se a que tes contratada encaixa coa túa forma real de vivir.
2. Elixir unha tarifa que non se adapta ao teu consumo
Non todas as tarifas funcionan igual, e quedarse cunha opción que non encaixa cos teus hábitos pode saír caro. Hai persoas que concentran o seu consumo en horas concretas, onde unha tarifa por tramos é o ideal, e outras que o reparten máis durante o día, polo que deberían optar por unha tarifa fixa por exemplo. Se a túa tarifa non acompaña os teus patróns de uso da luz, é probable que esteas a pagar máis do necesario.
3. Deixar acesos os consumos pantasma
Pode parecer un detalle menor, pero os consumos pantasma suman máis do que moita xente imaxina. Son eses aparellos que seguen gastando enerxía aínda que non se estean usando: televisores en standby, cargadores enchufados, equipos de son, routers, consolas ou electrodomésticos con piloto permanente.
Non van disparar o recibo por si sós, pero si poden engadir un gasto constante mes tras mes. A clave está en identificar que equipos permanecen conectados sen necesidade e desconectalos cando non achegan nada. Un pequeno xesto, repetido en toda a casa, pode axudar bastante a baixar a factura de luz sen apenas esforzo.
4. Usar electrodomésticos pouco eficientes
Outro dos erros factura luz máis frecuentes é convivir con electrodomésticos moi antigos ou pouco eficientes. Un aparello con moitos anos de uso pode gastar bastante máis que un moderno, incluso facendo a mesma función. Isto nótase especialmente en equipos que traballan moitas horas ou que teñen un consumo continuo, como neveiras, conxeladores, termos ou sistemas de climatización.
Non sempre fai falta cambialo todo de golpe, pero si convén revisar que aparellos están a penalizar máis o teu consumo. Elixir equipos cun mellor comportamento enerxético é un investimento que, a medio prazo, nótase na factura.
5. Facer un uso pouco intelixente da enerxía
Moitas veces o problema non é o aparello ou dispositivo, senón como o usamos. Poñer a lavadora a medias, abrir o frigorífico continuamente, usar calefacción ou aire acondicionado con portas ou fiestras abertas, ou cociñar con máis potencia da necesaria son hábitos que incrementan o consumo sen achegar comodidade real.
Pequenos cambios de rutina poden axudar a baixar a factura da luz:
- Programar a lavadora en ciclos axeitados,
- aproveitar mellor a luz natural, ventilar durante menos tempo
- ou non deixar aparellos funcionando sen supervisión
Non se trata de vivir pendente do contador, senón de usar a enerxía con máis cabeza.
6. Descoidar o mantemento da vivenda e os equipos
A falta de mantemento tamén pode encarecer a factura, xa que un electrodoméstico ou dispositivo que non funciona ben poden facer que todo consuma máis do normal.
Convén revisar de cando en vez os equipos máis importantes e darlles o mantemento que necesitan: a limpeza de filtros, a comprobación de termostatos ou a revisión de aparellos que traballan moitas horas. Manter todo en bo estado non só alonga a vida útil dos equipos, senón que tamén evita un gasto innecesario.
7. Confiar en comercializadoras pouco transparentes
Non todas as facturas explícanse igual de ben. Hai comercializadoras que non axudan demasiado ao cliente para entender que está a pagar, e iso dificulta detectar erros ou cambios que encarecen o recibo. Cando a información non é clara, é máis doado perder diñeiro sen darse conta.
Por iso é importante contar cunha compañía que ofreza claridade, revisión de tarifas e acompañamento real. En Máis Enerxía o noso obxectivo non é só fornecer electricidade, senón axudar a que o cliente entenda a súa factura, revise se ten unha potencia adecuada e valore se a súa tarifa segue sendo a mellor opción. Ese acompañamento pode ser decisivo para identificar melloras e evitar erros na a factura para que deixe de subir sen control.
Como empezar a baixar a túa factura de luz
A mellor forma de empezar non é facer grandes cambios de golpe, senón revisar tres cousas básicas: canto consomes, cando o fas e canto pagas por iso. A partir de aí, merece a pena comprobar se a túa potencia está ben axustada, se a túa tarifa encaixa co teu ritmo de vida e se tes aparellos ou hábitos que están a encarecer a factura sen achegar valor.
E se tes máis dúbidas, en Máis Enerxía estaremos encantados de axudarche. Nada de contestadores automáticos, o noso equipo humano aténdeche desde Galicia para buscar contigo a tarifa que mellor se adapta ás túas necesidades. Falamos?




