
Como afecta o prezo de mercado ao valor dos teus excedentes solares e que podes facer para aproveitalo?
Cada vez son máis as persoas usuarias de autoconsumo que nos preguntan o mesmo sobre os seus excedentes solares:
Por que ás veces, se a miña instalación produce moito, o valor que acumulo polos excedentes solares é tan baixo?
A resposta ten que ver co prezo do mercado eléctrico, un compoñente chave do sistema de compensación simplificada de excedentes solares. E si, nalgúns momentos ese prezo pode chegar incluso a ser negativo.
Imos a che explicar en detalle por que acontece e como podes sacar o máximo partido á túa instalación de autoconsumo solar, en especial se tes batería virtual ou Wallet como a que poñemos ao teu dispor en Máis Enerxía.
Como funciona o modelo de compensación simplificada de excedentes solares?
Se tes unha instalación de autoconsumo con excedentes con compensación, a enerxía que non consomes vai á rede e compénsase na túa factura.
Pero esta compensación está limitada por ley: non pode superar o valor económico da enerxía que consomes da rede ese mesmo mes.
Ademais, no caso de que a túa tarifa sexa a prezo de mercado ou indexada o valor do kWh dos teus excedentes varía cada hora segundo os prezos do mercado (OMIE). Deste xeito nalgúns momentos será alto e noutros pode ser moi baixo se a oferta é maior que a demanda.
Por que pode ser negativo o prezo de mercado?
Nas horas centrais do día (das 13.00 ás 17.00 horas) e en especial na primavera e no verán danse unhas circunstancias cada vez máis comúns:
- A produción solar fotovoltaica acada o seu pico.
- A demanda eléctrica baixa porque hai máis luz natural e menos consumo industrial.
- A rede énchese de enerxía renovable sen suficiente demanda para a consumir.
O resultado? O prezo de mercado cae e mesmo pode chegar a estar por baixo de cero.
Isto coñécese como curva do pato ou duck curve. Non quere dicir que a túa enerxía non vale senon que nese xusto momento hai no sistema máis enerxía renovable da que se está a demandar.
Que acontece cos meus excedentes solares se o prezo é negativo?
Canndo isto acontece, o valor económico que acumulas polos teus excedentes tamén baixa. De feito nalgunhas ocasións pode chegar a ser tan baixo que a compensación sexa de só uns poucos céntimos malia que producises moitos excedentes.
Non se trata dun fallo da túa instalación de autoconsumo nin tampouco do teu Wallet. É simplemente unha consecuencia do deseño actual do mercado eléctrico europeo e de como se estrutura a compensación simplificada en España.
Como axuda a batería virtual?
En Máis Enerxía ofrecémosche unha batería virtual ou Wallet, que permite que o valor dos excedentes solares non se perda senon pode compensarse nas seguintes facturas.
Coa batería virtual podes:
- Acumular o valor económico dos teus excedentes mes a mes.
- Empregalo para compensar futuras facturas nos meses de menor produción.
- Aplicalo a outras das túas subministración de luz e gas.
Así, malia que o prezo horario do mercado sexa baixo en determinados momentos, segues a rendibilizar a túa inversión solar a medio e longo prazo.
Entón, ¿cal é a mellor época do ano para aproveitar os excedentes solares?
Aprimavera e o verán son sen lugar a dúbida as estacións máis importantes para a produción de enerxía a través de sistemas solares de autoconsumo polo maior índice de radiación e o incremento de horas de luz natural:
Estación do ano | Produción solar | Excedentes xerados | Prezo mercado (tendencia) | Beneficio con Wallet |
Inverno | Baixa | Escasos | Medio-Alto | Baixo |
Primavera | Alta | Elevados | Variable | Moi alto |
Verán | Moi alta | Moi elevados | Variable – picos negativos | Máximo (con Wallet) |
Outono | Media | Moderados | Variable | Medio-Alto |
Grazas á batería virtual, podes converter esa sobreprodución estacional en aforro real durante todo o ano.
Que lles dicimos aos nosos clientes cando o valor acumulado é baixo?
Con total transparencia:
“A enerxía que xera a túa instalación de autoconsumo é moi valiosa xa que é limpa e contribúe á transición cara ás fontes de enerxía renovables. Pero nalgúns momentos o mercado está saturado. Por iso aínda que a túa produción sexa alta o valor económico pode verse afectado.”
“Ao contar coa nosa batería virtual, ese valor non se perde. Amacenámolo para ti e aplicámolo máis adiante, cando te beneficie máis.”
“Trata de axustar na medida do posible o teu consumo ás horas solares para maximizar o aproveitamento directo e reducir a dependencia do prezo de mercado. Ese é o verdadeiro potencial de autoconsumo solar.”
Conclusión
Se estás a ver que os teus excedentes solares valen menos do que agardabas, non estás só. Trátase dun fenómeno que afecta a todas as instalacións de autoconsumo solar que están conectadas á rede. Pero tamén é unha oportunidade: ao combinar autoconsumo cunha batería virtual podes optimizar o rendemento económico do teu sistema, mesmo en entornos de prezos negativos.
En Máis Enerxía traballamos para che ofrecer solucións flexibles e adaptadas ás túas necesidades para obteres o máximo aforro posible en cada momento ao tempo que contribúes a construírmos un futuro Máis limpo.
Aínda non tes batería virtual?
Contáctanos, descobre como activala hoxe mesmo e comeza a sacar máis partido da túa propia enerxía.