Ao falarmos de enerxía renovable, un dos recursos máis comúns é o sol. Desde hai anos as instalacións fotovoltaicas téñense convertido nunha opción moi popular grazas ás súas grandes vantaxes.

Porén, en rexións como Galicia, onde as nubes e as choivas son habituais, é lóxico preguntarse se realmente compensa apostar pola enerxía solar. É rendible instalar placas solares en Galicia? Que aforro se pode obter a medio e longo prazo? E, sobre todo, cales son as claves para que a inversión sexa eficiente?

Como funciona a enerxía solar fotovoltaica?

A enerxía solar fotovoltaica baséase na transformación directa da radiación solar en electricidade mediante paneis solares. Esta enerxía pode empregarse no momento, almacenarse en baterías ou verterse á rede eléctrica, segundo o tipo de instalación. A electricidade que xeras réstase do consumo que realizas da rede, o que se traduce nunha redución notable na túa factura.

Cada vez son máis os fogares galegos que deciden instalar paneis solares en Galicia, tanto por motivos económicos como medioambientais. Pero antes de tomar unha decisión hai que ter claros algúns aspectos clave.

É Galicia axeitada para a enerxía solar?

Malia que a imaxe típica de Galicia é a de ceos cubertos e choivas frecuentes, o certo é que a rexión conta cunha radiación solar suficiente para que a enerxía fotovoltaica sexa viable. Cidades coma Ourense, Lugo ou Santiago de Compostela superan os 1.200 kWh/m² ao ano, e en zonas da provincia de Pontevedra acádanse cifras aínda maiores.

Ademais, os paneis solares actuais están deseñados para funcionar mesmo en días anubrados, captando a radiación difusa. Isto permite que unha instalación de placas solares en Galicia produza enerxía todo o ano, aínda que con maior intensidade na primavera e no verán.

É fundamental comprender que o maior beneficio do autoconsumo se dá cando empregamos a enerxía xusto no momento en que a estamos a producir. Nesas horas solares (normalmente entre as 10.00 e as 18.00 horas), se estamos na casa e empregamos electrodomésticos, calefacción ou cargamos un coche eléctrico, estaremos a aproveitar ao máximo a instalación. Reduciremos o emprego de enerxía da rede e esa é a clave para amortizar con máis rapidez a inversión.

Factores a ter en conta antes de instalar placas solares en Galicia

Para que a instalación sexa eficiente e rendible, é importante avaliar varios aspectos:

  • Orientación e superficie do tellado: canto máis orientado ao sur e con menor sombra, maior produción.
  • Consumo eléctrico do fogar: canto máis consumo en horas solares, maior aproveitamento da instalación.
  • Tipo de tarifa contratada: combinar autoconsumo cunha tarifa de luz adaptada ao teu perfil mellora aínda máis o aforro.
  • Calidade dos compoñentes e empresa instaladora: non todos los paneis e equipos son iguais, e contar con profesionais cualificados é clave para maximizar o rendemento.
  • Cantidade de placas: non se trata de instalar máis placas “por se acaso”. Unha instalación de autoconsumo debe de estar ben dimensionada para producir o que realmente precisas. Se produces de máis, grande parte desa enerxía vértese como excedente, que ten un valor económico moito menor. Queres saber por que? Contámoscho neste post.

Ademais, en Máis Enerxía poñemos ao dispor dos nosos clientes unha Wallet na que poden acumular o valor deses excedentes e compensalos en futuras facturas. Esta ferramenta, sin custos adicionais, permite flexibilizar aínda máis o aforro sen necesidade de empregar baterías físicas, que continúan a ser caras y requiren dunha inversión inicial importante.

Entón, é rendible instalar placas solares en Galicia?

A resposta é si. A pesares da meteoroloxía variable, a enerxía solar en Galicia é unha opción cada vez máis eficiente e rendible, tanto para fogares coma para negocios. Iso si, para que sexa verdadeiramente rendible, o ideal é consumir en tempo real a maior parte da enerxía producida, para así non depender da rede eléctrica.

Grazas á mellora nos paneis, as axudas dispoñibles e a suba do prezo da electricidade, o autoconsumo é unha inversión intelixente e sostible. O importante é informarse ben, analizar a túa situación concreta e arrodearte de profesionais que te asesoren sen rodeos.

E como pode axudarte Máis Enerxía?

En Máis Enerxía apostamos por un modelo enerxético máis sostible, próximo e claro. Se estás a pensar en instalar placas fotovoltaicas na casa, axudámosche a entender como funciona o autoconsumo e que precisas para lle sacar o máximo partido.

Ademais, se xa contas cunha instalación solar, elixir unha tarifa axeitada é igual de importante. Unha boa tarifa permíteche aproveitar a túa produción propia, reducir a túa factura e recibir a compensación por excedentes en condicións xustas. En Máis Enerxía podes elixir entre distintas opcións segundo o teu perfil, sempre sen permanencia, sen letra pequena e con atención personalizada desde Galicia.

Gustaríache valorar se a túa vivenda ou negocio son aptos para unha instalación solar? En Máis Enerxía contamos cun equipo profesional e humano que pode axudarche a dar ese paso cara a unha enerxía máis limpa e económica. Nada de contestadores, estamos nós ao outro lado agardando para te asesorar como mereces. Falamos?

Falamos?