
Máis Enerxía ilumina a Praza de América de Vigo cun rótulo visible desde Gran Vía
A vidade suma estes días unha nova referencia no seu horizonte urbano. Máis Enerxía, primeira comercializadora 100% galega de luz e gas, vén de instalar un rótulo luminoso a máis de 20 metros de altura na parte superior dun dos edificios que presiden o emblemático cruce de avenidas de Praza de América.
Este novo elemento é xa visible desde diferentes puntos da contorna, en especial desde a Gran Vía de Vigo. Intégrase nunha das arterias máis transitadas da cidade, pola que circulan a diario miles de vehículos e peóns.
A actuación coincide cun momento de consolidación para esta compañía enerxética con oficinas centrais na cidade. Nos últimos anos ampliou de forma importante a súa presenza en todo o mercado nacional. De feito, entre os seus fitos máis recentes figura ter superado o teravatio de enerxía comercializada, unha cifra que reflicte o crecemento sostido da súa actividade e a ampliación da súa base de clientes nun sector cada vez máis competitivo.
Unha referencia nun dos grandes símbolos da cidade
A Praza de América funciona coma un dos grandes puntos de encontro do tráfico vigués. Nela conflúen algunhas das principais arterias da cidade que conectan distintos barrios e zonas da área metropolitana. Máis Enerxía dá agora unha luz nova a esta contorna cando cae o sol.
Nunha cidade cunha relación tan próxima co mar como Vigo, a luz sempre tivo un significado especial. Os faros do litoral e as liñas luminosas que debuxa a capital metropolitana no horizonte están gravadas nas retinas de locais e visitantes. Agora, súmase a elas a presenza dunha nova referencia luminosa coroando a praza coma un novo faro urbano.
Ademais, a praza é un lugar ben coñecido polos celtistas xa que é o lugar de celebración dos éxitos do clube ceñeste que, hai uns anos, conta tamén con Máis Enerxía como provedor enerxético. De feito, a compañía de luz e gas é patrocinadora oficial do equipo feminino As Celtas.
Medrar nun contexto marcado pola incerteza
Nos últimos anos, o mercado enerxético europeo ten estado marcado por importantes cambios, con fortes variacións nos prezos e un aumento da preocupación de fogares e empresas polo custo da enerxía.
Neste contexto, Máis Enerxía ten aumentado a súa actividade cunha proposta centrada en ofrecer electricidade, gas e outros servizos personalizados a particulares, autónomos, empresas e mesmo outras comercializadoras.
A compañía aposta por un modelo baseado na personalización e a proximidade co cliente. O obxectivo é que cada usuario se sinta acompañado e seguro no relativo á xestión dos seus contratos de luz e gas. Esa proximidade, xunto cunha oferta altamente competitiva e transparente, constitúe un dos piares sobre os que Máis consolida o seu crecemento.
Unha empresa con raíces galegas
Malia que comercializa enerxía en todo o territorio nacional, incluídas as Illas Canarias e Baleares, Máis Enerxía mantén unha vinculación estreita con Galicia, onde iniciou a súa traxectoria e onde mantén a súa sede central.
A elección da Praza de América responde a ese vínculo coa cidade. Trátase dun dos puntos máis recoñacibles de Vigo e dun espazo onde conflúen algúns dos fluxos urbanos máis intensos da área metropolitana.
Co paso do tempo, o novo rótulo pasará a integrarse na imaxe cotiá da praza, do mesmo modo que outros elementos da paixase urbana que terminan formando parte da memoria visual das persoas que atravesan a diario a cidade.
Unha luz máis no skyline de Vigo que, desde agora, identifica tamén a presenza dunha compañía enerxética galega en crecemento que logrou situarse en disposición de liderar o mercado enerxético nacional desde Galicia.




