
Máis Enerxía presenta o novo anuncio de “Fogares”, unha ollada á luz da vida cotiá
Máis Enerxía presenta «Onde hai luz, hai Máis vida», a peza audiovisual da súa campaña «Fogares», que chegou ás rúas das principais cidades galegas o pasado mes de setembro logo de desembarcar en Vigo a comezos de ano. O vídeo reforza o relato da campaña e combina dúas ideas que forman parte da identidade da compañía: a importancia da luz na vida das persoas e o percorrido dunha empresa que, desde Galicia, segue crecendo e chegando a novos lugares de todo o territorio nacional.
Concibido en formato vertical e con versións en galego e castelán, o vídeo conecta a vida cotiá co crecemento dunha compañía galega que este ano superou 1 TWh de enerxía comercializada.
A luz está presente en moitos dos momentos que vivimos cada día, malia que poucas veces nos deteñamos a pensar niso. Acompáñanos en conversas que se alongan, en visitas inesperadas, en rutinas que compartimos e en cada pequeno instante. “Fogares” nace precisamente desa idea: falar da enerxía a través da vida que acontece ao seu arredor, poñendo o foco nas persoas e non na propia subministración eléctrica.
Unha luz que chega cada vez máis lonxe
Pero o novo anuncio tamén fala de percorridos, de distancias e de seguir a avanzar. O feixe de luz que xa protagonizaba “Iluminando ou noso”, a campaña de Máis Enerxía de 2025, reaparece como fío condutor. Se entón percorría as pontes de diferentes cidades galegas, conectando lugares e paisaxes, agora continúa o seu camiño para chegar a máis fogares e acompañar novas historias. Unha evolución que tamén representa o crecemento da compañía e a súa presenza cada vez maior no mercado enerxético nacional.
Ese crecemento ten, ademais, un reflexo nos resultados. En xaneiro deste ano, Máis Enerxía anunciou que superara por vez primeira o teravatio hora (1 TWh) de enerxía comercializada, un fito para unha comercializadora independente de orixe galega. Desde a súa sede en Vigo, a compañía continúa a ampliar a súa actividade en todo o territorio español, ofrecendo subministración de electricidade e gas a particulares, empresas e outras comercializadoras.
O percorrido do feixe de luz representa tamén esa vontade de seguir avanzando sen perder de vista as súa orixe. Para Máis Enerxía, crecer fóra de Galicia significa demostrar que desde aquí tamén é posible desenvolver un proxecto enerxético de alcance nacional, contribuíndo a dar maior visibilidade e protagonismo a Galicia dentro dun sector no que as grandes compañías concentraron tradicionalmente boa parte da actividade.
Das rúas ás pantallas móbiles
O novo vídeo amplía a campaña de publicidade exterior que pode verse en autobuses e mupis dixitais de Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo e Santiago. A proposta mantén o universo visual das anteriores campañas, pero incorpora unha dimensión máis privado e narrativa, na que o crecemento da empresa e a vida cotiá das persoas forman parte dunha mesma historia.
Con esta nova peza, Máis Enerxía apostou por unha formulación mobile first. O anuncio concibiuse desde o principio en formato vertical, pensando na súa visualización a través de dispositivos móbiles. Unha decisión que tamén responde o espírito da campaña: achegarse ás persoas alí onde estean, adaptando o relato ás pantallas que forman parte da súa día a día.

O vídeo conta ademais con versións en galegoe castelán, unha elección que permite compartir o mesmo relato cos distintos públicos aos que chega a compañía. O galego, lingua propia de Máis Enerxía e parte esencial da súa identidade, mantén a súa presenza nunha comunicación que acompaña o crecemento da marca máis aló de Galicia. Tanto o nome da compañía como o seu lema, “Iluminando ou noso”, permanecen sempre en galego, contribuíndo a proxectar a lingua e a identidade galegas nos diferentes territorios nos que desenvolve a súa actividade.
Producido por Múltiple Audiovisual, o spot conta coa presenza e voz de Cristina Maró, colaboradora habitual de Máis Enerxía, que acompaña o relato desta nova peza.
Con “Onde hai luz, hai Máis vida”, Máis Enerxía continúa a desenvolver unha comunicación que fala da enerxía desde a proximidade e a vida cotiá, á vez que reflicte o percorrido dunha compañía que segue crecendo desde Galicia, levando consigo a súa identidade e o seu xeito de entender a enerxía.
Ver o spot «Onde hai luz, hai Máis vida»




