Máis Enerxía incorporouse ao programa Mondigo Beneficia, impulsado por Recursos de Galicia, para que as persoas beneficiarias poidan elixir a nosa comercializadora e seguir accedendo ás bonificacións previstas na súa factura eléctrica. Este acordo reforza a liberdade de elección dos usuarios e permitirá que os descontos do programa poidan desfrutarse tamén contratando a subministración con Máis Enerxía.

RDG comunicará nas próximas semanas, casa a casa e persoalmente, a resolución das solicitudes de bonificacións admitidas na Mariña.

Toda a información sobre o programa, os requisitos de acceso, o estado das solicitudes e os próximos pasos pode consultarse na páxina web de Recursos de Galicia.

Falamos?

Nos medios