
Como aforrar en calefacción no inverno?
Cando chegan os meses máis fríos, a calefacción convértese nunha das protagonistas dos fogares. Porén, tamén adoita ser a responsable de que a factura enerxética se dispare. A boa nova é que non todo depende de subir ou baixar o termostato: con certos hábitos e algunhas melloras na vivenda, podes manter a confortabilidade ao tempo que aforras en calefacción. Como aforrar en calefacción?
1. Emprega a calefacción de forma eficiente
Un dos erros máis habituais é pensar que canto máis alta estea a temperatura, máis rápido se quecerá a casa. A realidade é que o único que conseguirás será aumentar o consumo de xeito innecesario.
A temperatura ideal para manter unha vivenda confortable no inverno está entre os 19 ºC e os 21 ºC durante o día. Pola noite basta con mantela arredor dos 17 ºC. Cada grao de máis pode incrementar o gasto enerxético entre un 6% e un 8% .
Se contas cun termostato programable, podrásaxustar as horas de acendido e apagado segundo as túas rutinas. Así evitarás que a calefacción funcione cando non estás na casa ou en momentos nos que non a precisas.
Tamén é importante regular os radiadores, xa que non todos os espazos da casa precisan da mesma temperatura. Pecha os radiadores de cuartos que non utilices e evita cubrilos con mobles ou cortinas para que a calor circule mellor.
2. Mellora o illamento e aproveita a luz solar
Un bo illamento é chave para non perder a calor xerada. As fugas máis comúns prodúcense en fiestras e portas. Podes colocar material illante nas xuntas, instalar dobre acristalamento ou empregar cortinas grosas e alfombras que axuden a manter a temperatura interior.
A luz solar tamén se converte nun aliado gratuíto.Durante o día, sube persianas e corre cortinas para deixar pasar as raiolas de sol, e pola noite péchaas para evitar perdas de calor. Este simple xesto pode supoñer un aforro notable en calefacción ao longo do inverno.
3. Revisa o teu sistema de calefacción e valora alternativas
Ter unha instalación eficiente é fundamental.Se a túa caldeira ou radiadores teñen máis de 15 anos, quizáis sexa o momento de valorar unha substitución por uns máis podernos e, a ser posible, máis eficientes.
Ademais, realiza un mantemento periódico: purga os radiadores cando comece a época de frío, revisa a presión da caldeira e asegúrate de que todo funciona de xeito correcto. Un sistema en bo estado consome menos e dura máis.
Se estás a pensar en renovar, cada vez máis fogares apostan por alternativas renovables como o autoconsumo con placas solares. Esta opción require dunha inversión inicial pero a medio e longo prazo resulta rendible e contribúe a reducir a pegada de carbono.
4. Axusta os teus hábitos no día a día
Máis alá da tecnoloxía e o illamento, os hábitos cotiáns tamén marcan a diferenza:
- Ventila a casa só 10 minutos ao día para renovar o aire sen arrefriar toda a vivenda..
- Cociña con forno e aproveita a calor residual para quecer a estancia.
- Emprega roupa axeitada á la tempada dentro da casa para non depender sempre de subir o termostato.
5. Asegúrate de contratar unha tarifa enerxética axeitada
Por último, aforrar en calefacción no inverno tamén depende da tarifa enerxética queteñas contratada. Unha tarifa mal axustada aos teus hábitos pode disparar a túa factura, mesmo aínda que sexas eficiente co consumo.
Se o teu sistema de calefacción é eléctrico e o teu consumo se mantén estable durante todo o día, compensarache máis unha tarifa fixa co mesmo prezo as 24 horas. En cambio, se podes adaptar os teus picos de consumo ás horas val, unha tarifa por tramos pode axudarche a reducir aínda máis a túa factura. Tamén existen tarifas variables, que se axustan segundo o custo de mercado: a súa vantaxe é que reflicten de forma inmediata as baixadas do prezo de mercado, malia que requiren estar atentos a estas variacións. O máis importante é optar sempre por tarifas sen permanencia, que ofrezcan a flexibilidade de cambiar cando os teus hábitos ou necesidades o requiran.
En Máis Enerxía cremos que a eficiencia comeza coa transparencia na subministración. Por iso ofrecemos tarifas de luz e gas pensadas para que pagues só polo que necesitas, sen letra pequena nin permanencias. Ademais, a nosa atención personalizada axudarache a entender que opción é a máis conveniente para o teu fogar en función do teu consumo.