Cando chega a factura da luz, moitas veces a sensación é a mesma: “non fixen nada diferente e, aínda así, pago máis”. En realidade, grande parte do consumo eléctrico do fogar non depende dun só aparello senon do uso diario que se fai de varios electrodomésticos que funcionan case sen decatáreste.

Saber que electrodomésticos consomen máis luz na casa é o primeiro paso para entender a túa factura e comezar a aforrar sen renunciar ao confort. Non se trata de deixar de empregalos senón de coñecer o seu impacto real e aprender a utilizalos de xeito máis eficiente.

O consumo eléctrico no fogar: máis alá de apagar luces

Malia que se adoita asociar o gasto eléctrico á iluminación, o certo é que as lámpadas representan unha parte pequena do consumo total. A maior parte da enerxía vaise en electrodomésticos que funcionan moitas horas ao día ou que precisan de moita potencia para operar.

Ademais, no só importa canto consome un aparello cando está a funcionar senón canto tempo permanece acendido e se o fai de forma contínua durante todo o ano.

Cales son os electrodomésticos que máis luz consomen?

1. Frigorífico e conxelador
O frigorífico é, con diferenza, un dos electrodomésticos que máis electricidade consomen na casa. A razón? Está conectado as 24 horas do día durante os 365 días do ano.

Malia que o seu consumo por hora non sexa especialmente alto, o seu fucionamento contínuo fai que represente entre un 20% e un 30% do gasto eléctrico de moitos fogares. Un frigorífico antigo ou con mal mantemento pode disparar aínda máis este consumo.

Un consello práctico para reducir ao máximo o seu consumo é manter unha temperatura axeitada (uns 4 °C no frigorífico e -18 °C no conxelador) e evitar abrir a porta máis do necesario.

2. Calefacción eléctrica e aire acondicionado
Os sistemas de climatización eléctrica son grandes consumidores de enerxía, especialmente en épocas de frío ou calor extremas. Estufas eléctricas, radiadores, bombas de calor ou splits de aire acondicionado poden supor un aumento considerable na factura se se usan de forma intensiva.

Aquí non só infúe o aparello senón o illamento da vivenda e os hábitos de uso. Un par de graos de máis ou de menos poden marcar unha grande diferenza.

3. Forno e vitrocerámica
O forno eléctrico e a vitrocerámica (ou placa de indución) tamén figuran entre os electrodomésticos con maior consumo puntual. Non se empregan tantas horas como a nevera, pero requiren de moita potencia en pouco tempo.

O forno, especialmente, pode consumir bastante se se usa con frecuencia ou durante longos períodos.
Aproveitar a calor residual e evitar abrir a porta mentres está en funcionamiento axuda a reducir o gasto.

4. Lavarroupa e secadora
A lavadoranon é dos electrodomésticos que máis consomen por uso, pero si pode ter un impacto relevante se se utiliza a cotío e con programas longos ou a altas temperaturas.

La secadora, porén, si é un dos grandes consumidores do fogar. O seu uso frecuente pode elevar considerablemente o consumo eléctrico mensual.

O noso consello clave: usar programas eco, lavar en frío sempre que sexa posible e evitar a secadora cando se poida tender a roupa.

5. Lavalouzas
O lavalouzas adoita ser máis eficiente do que parece, especialmente fronte ao lavado a man con auga quente. Aínda así, o seu consumo aumenta se se utiliza con programas intensivos ou sen aproveitalo a carga completa. Usalo en horarios de menor custo eléctrico, se tes discriminación horaria, pode axudarche a aforrar sen cambiar hábitos.

Consumo stand by: electrodomésticos que consomen en silencio

Máis alá dos grandes electrodomésticos, hai outro inimigo silencioso: o consumo en stand by. Televisores, routers, consolas, ordenadores e pequenos aparellos seguen a consumir enerxía aínda que non os esteas a usar.

Este “consumo fantasma” pode representar ata un 10% do gasto eléctrico anual dun fogar. Apagar completamente os dispositivos ou usar regletas con interruptor pode marcar a diferenza.

Inflúe a eficiencia enerxética do electrodoméstico?

Moito. A etiqueta enerxética é chave para entender canto consumirá un aparello ao longo da súa vida útil. Un electrodoméstico eficiente pode ser algo máis caro ao mercalo pero supón un aforro importante mes a mes.

Substituír electrodomésticos antigos por outros de clase enerxética alta é unha das inversións máis efectivas para reducir o consumo eléctrico a longo prazo.

A importancia dunha tarifa de luz adaptada ao teu consumo

Coñecer que electrodomésticos consomen máis luz permíteche axustar os teus hábitos, pero para aforrar de verdade tamén é importante ter unha tarifa de luz que encaixe coa túa forma de consumir enerxía.

Se concentras grande parte do uso de lavadora, lavalouzas ou carga de dispositivos en determinadas horas, unha tarifa con discriminación horaria pode axudarche a pagar menos. Se, pola contra, o teu consumo é estable durante todo o día, unha tarifa fixa pode darche tranquilidade e estabilidade.

En Máis Enerxía axudámosche a analizar o teu consumo real e a elixir a opción que mellor se adapte ao teu fogar, sempre con transparencia, sen letra pequeña e con atención personalizada desde Galicia.

Falamos?