Cando falamos de luz e gas, moitas persoas pensan primeiro en prezos e tarifas. Pero máis alá do custo do kWh, un factor fundamental que marca a diferenza é a atención que recibes da túa comercializadora.

Non todas as compañías de luz e gas ofrecen un trato próximo e resolutivo, e aí é onde Máis Enerxía se distingue: como compañía de luz e gas en Galicia, o noso enfoque está no cliente e non nos números. Queres coñecelo un pouco máis de cerca?

Que vantaxes ofrece a atención personalizada de Máis Enerxía?

1. Resolver dúbidas sen esperas

Un dos problemas máis habituais cando se contrata luz ou gas con grandes comercializadoras é a atención automática: contestadores, menús que non rematan e respostas impersoais. Isto xera frustración e pode retrasar solucións ante incidencias, dúbidas sobre a factura ou cambios de tarifa.

En Máis Enerxía, ser unha empresa de luz e gas con atención próxima significa que sempre hai unha persoa real detrás do teléfono. Non hai contestadores infinitos: cando chamas ou escribes, obtés unha resposta rápida e personalizada, adaptada á túa situación e o teu consumo. Esta proximidade non só xera confianza, senón que tamén permite aforrar tempo e evitar malentendidos.

2. Tarifas adaptadas ao teu consumo

Unha tarifa de luz e gas adaptada ao teu consumo é moito máis ca un prezo competitivo. En Máis Enerxía cada cliente recibe orientación para elixir a opción que mellor se axusta ás súas necesidades, o seu consumo e fogar, xa sexa unha vivenda habitual, unha segunda residencia ou calquera fogar galego que queira pagar só polo que realmente precisa.

Grazas a esta atención personalizada é posible entender a factura, como afectan factores como a potencia contratada, os horarios de consumo e mesmo a instalación de autoconsumo na factura final. Isto evita sorpresas e permíteche planificar o teu gasto enerxético de forma consciente.

3. Flexibilidade e control sobre a túa enerxía

Outra vantaxe de contar cunha comercializadora de luz e gas de confianza é a liberdade de elixir e modificar a túa tarifa. En Máis Enerxía todas están libres de permanencia, o que permite ao cliente cambiar de plan segundo as súas necesidades sen penalizacións.

A atención personalizada facilita este proceso: un asesor pode explicarche as diferenzas entre tarifas fixas, variables ou con discriminación horaria, e axudarche a decidir cal encaixa mellor co teu estilo de vida. Isto é especialmente útil se o teu consumo varía por tempadas ou se dispós de sistemas como placas solares.

4. Tranquilidade ante incidencias

En calquiera fogar pode xurdir un problema: un corte de subministración, un erro na factura ou a necesidade de revisar un contrato. Contar cunha compañía de luz e gas con atención directa desde Galicia asegura que non estarás só.

Máis Enerxía ofrece unha canle de comunicación clara e directa: asistencia telefónica, correo electrónico e un equipo que te coñece. Isto significa que calquera incidencia se resolve de forma máis rápida e eficiente, evitando o estrés que xeran os procedementos impersoais.

5. Orientación para o aforro enerxético

Un beneficio adicional da atención personalizada é a posibilidade de recibir asesoramento sobre eficiencia enerxética. En Máis Enerxía non só ofrecemos tarifas competitivas senón tamén información sobre cómo optimizar o consumo: consellos sobre horarios, potencia contratada ou hábitos de consumo que poden reducir a factura sen perder confort.

6. Confianza e transparencia

A atención personalizada reforza a transparencia. Ao interactuar cun equipo que che explica claramente os termos do teu contrato, as tarifas e os servizos incluídos, é máis sinxelo comprender a túa factura e os teus dereitos como persoa consumidora.

En Máis Enerxía poñemos especial énfase na claridade e a proximidade: cada cliente sabe exactamente que está a pagar e por que. Isto xera confianza e fidelidade, convertindo a relación coa enerxía nunha experiencia positiva e sen sorpresas.

7. Un trato humano marca a diferenza

Finalmente, non se trata só de resolver problemas ou axustar tarifas senón de sentir que a túa compañía enerxética se preocupa por ti. En Máis Enerxía, isto tradúcese en máis de 45.000 fogares satisfeitos e unha taxa de satisfación do 97%. Non só cifras: son persoas que valoran un trato próximo, humano e confiable.

Elixir unha comercializadora de luz e gas non debería de ser só unha decisión de prezos. A atención personalizada é un valor engadido que inflúe directamente na túa tranquilidade, o teu aforro e a experiencia coa túa enerxía.

Con Máis Enerxía podes recibir un servizo adaptado, próximo e transparente. Tarifas pensadas para o teu consumo, asesoramento real, resolución rápida de incidencias e a confianza de tratares con persoas, non con máquinas. Se buscas luz e gas para fogares galegos onde o trato humano e a claridade importen, Máis Enerxía é a túa opción. ¿Falamos?

Falamos?