
7 erros que evitar para manter a factura a raia
Manter a factura de luz e gas baixo control non sempre depende de consumir menos. Moitas veces o problema non está en canto usas senón en como tes configurado o contrato e mesmo en pequenos hábitos que pasan desapercibidos.
Se queres pagar só polo que realmente necesitas, estes son os 7 erros máis comúns que deberías evitar para manter a túa factura a raia.
1. Non revisar a potencia contratada
Un dos erros máis frecuentes é ter máis potencia da necesaria. A potencia contratada é a parte fixa da túa factura eléctrica que pagas todos os días, consumas ou non.
Moitas vivendas teñen máis potencia da que realmente precisan por inercia ou por medo a quedar escasos. Revisala pode supoñer un aforro estable durante todo o ano. En Máis Enerxía ofrecémosche recomendacións para analizar o teu caso concreto para que pagues só pola potencia que realmente precisas.
2. Elixir unha tarifa que non se adapta aos teus hábitos
Non todas as tarifas son iguais. Se pasas a maior parte do día fóra da casa e concentras consumo pola noite ou nas fins de semana, una tarifa con discriminación horaria pode ser máis interesante.
Se, en cambio, o teu consumo é estable durante todo o día e prefires tranquilidade, una tarifa a prezo fixo pode darche maior previsión. O erro non é elixir unha tarifa concreta. O erro é non elixila en función da túa rutina real.
3. Ignorar os tramos horarios
Nas tarifas por tramos, o prezo do kWh cambia segundo a hora do día. O tramo val é o máis económico, e o punta o máis caro.
Moitos fogares teñen contratada unha tarifa con discriminación horaria, pero seguen a utilizar lavadora, lavalouza e auga quente por termo eléctrico en horas punta por descoñecemento. Pequenos cambios de hábitos poden marcar unha diferencia significativa a fin de mes facendo caso aos horarios nos que o prezo é máis barato.
4. Non controlar o consumo no inverno
En Galicia, o inverno ten un impacto claro na factura, tanto en luz como en gas. A calefacción eléctrica, as bombas de calor ou o gas natural poden disparar o consumo se non se xestiona ben. Un dos erros máis habituais é subir a temperatura máis do preciso. Cada grao adicional pode aumentar o consumo entre un 5% e un 7%.
Mantener unha temperatura estable e revisar o illamento do fogar axuda máis que subir o termostato de forma constante.
5. Non revisar a factura con atención
Moitas persoas pagan a súa factura sen revisar os detalles. É importante comprobar:
- Potencia contratada.
- Precio do kWh.
- Peaxe asignada (no gas RL1, RL2 ou RL3).
- Lectura real ou estimada.
Entender a túa factura permíteche detectar erros ou axustes precisos. En Máis Enerxía apostamos por facturas claras, precisamente para que poidas saber que estás a pagar en cada momento.
6. Ter electrodomésticos ineficientes ou mal mantidos
Un frigorífico antigo ou unha caldeira sen revisar poden consumir moito máis do que imaxinas. Non se trata de cambiar todos os electrodomésticos de golpe, pero sí de os manter en bo estado e substituír os máis antigos cando sexa posible.
Ademais, pequenas accións como limpar filtros, purgar radiadores ou revisar a presión da caldeira poden mellorar o rendemento enerxético sen custo elevado.
7. Non mercar ou revisar a túa compañía de enerxía
O último erro é asumir que sempre estás a pagar o correcto: o mercado enerxético cambia, as necesidades do teu fogar cambian e o teu consumo tamén. Por iso, revisar o teu contrato periodicamente e valorar se a túa tarifa continúa a ser a axeitada é unha decisión intelixente.
Cambiar de compañía non implica cortes nin obras. É un trámite administrativo sinxelo, e contar cunha comercializadora próxima e con atención personalizada como Máis Enerxía marca a diferencia cando precisas de asesoramento real.
En Máis Enerxía traballamos precisamente con ese enfoque: claridade, proximidade e tarifas que se adaptan a cada fogar. Non se trata só de ofrecer prezos competitivos senón de che axudar a tomar decisións informadas para que a túa factura non sexa unha sorpresa cada mes. Manter a factura a raia non depende unicamente de consumir menos senón de consumir mellor e de contratar de forma intelixente.
Se hai tempo que non revisas o teu contrato ou tes dúbidas sobre se estás a pagar de máis, quizáis é o momento de analizar a túa situación e ver que podes optimizar.




