Recibiches unha factura da luz máis alta do normal? Antes de preocuparte, podes comprobar ti mesmo se realmente estás a consumir máis. O teu contador dixital rexistra toda a información sobre o teu consumo eléctrico e pode axudarche a detectar se algo está a aumentar o teu gasto.

Nesta guía amosámosche como ler o contador de luz dixital paso a paso, que significan os datos que aparecen na pantalla e como interpretar esa información para entender mellor o teu consumo.

Que é un contador dixital e para que serve

O contador dixital é o dispositivo que mide a electricidade que consomes na túa vivenda, amosando o consumo en kWh (kilovatios hora). Substitúe os antigos contadores analóxicos e permite rexistrar o consumo de forma automática e moito máis precisa.

Ademais de medir o consumo, os contadores dixitais permiten:

  • Rexistrar o consumo por períodos horarios.
  • Enviar as lecturas automaticamente á distribuidora.
  • Detectar picos de consumo ou posibles incidencias.

A principal vantaxe é que podes acceder a lecturas precisas en calquera momento, sen agardar á visita do técnico da distribuidora, algo chave para verificar se o teu consumo real coincide coa factura que emite a túa comercializadora. Isto significa que agora é máis sinxelo entender cando consomes máis enerxía e como inflúe iso na túa.

Como atopar e empregar o teu contador dixital

O contador dixital está normalmente no cuadro eléctrico da casa, no garaxe ou no cuarto de contadores do edificio. Recoñécese facilmente porque é unha caixa pequena cunha pantalla LCD e un botón frontal, que permite cambiar a información que aparece en pantalla.

Para consultar os datos, normalmente só tes que pulsar o botón do contador. Cada pulsación amosa unha pantalla diferente con información sobre o teu consumo eléctrico. Entre os datos que pode amosar o contador atoparás:

  • Consumo acumulado de electricidade
  • Consumo por períodos horarios
  • Potencia instantánea que estás a utilizar
  • Outros datos técnicos da subministración

Que significan os códigos do contador dixital

Cando fas a lectura do contador dixital de luz, verás que aparecen algúns códigos numéricos na pantalla. Estes códigos indican distintos tipos de información sobre o teu consumo.

Malia que poden variar lixeiramente segundo o modelo, estes son algúns dos máis habituais.

1.18.0 – Consumo total acumulado

O código 1.18.0 amosa o consumo el consumo total de electricidade acumulado en kWh desde que se instalou o contador ou desde a última posta a cero. Este é o dato principal que empregan as distribuidoras para calcular a túa factura eléctrica.

1.18.1 / 1.18.2 / 1.18.3 – Consumo por períodos horarios

Se tes unha tarifa con discriminación horaria, o contador pode amosar o consumo separado por tramos. Habitualmente distribúese así:

  • 1.18.1 → consumo en período punta
  • 1.18.2 → consumo en período chá
  • 1.18.3 → consumo en período val

Estes datos permiten ver en que horas do día consomes máis electricidade, algo moi útil para axustar os teus hábitos de consumo.

0.16.7 – Potencia instantánea

O código 0.16.7 amosa a potencia que estás a utilizar nese momento, normalmente expresada en kilovatios (kW).

Este valor cambia continuamente segundo os electrodomésticos que estén a funcionar. Se se achega demasiado á túa potencia contratada, podería provocar que salte o interruptor de control de potencia.

Como detectar picos de consumo e posibles fugas

Unha vez que sabes como ler o contador de luz dixital, podes utilizar esa información para para detectar se o teu consumo está a aumentar máis do habitual.

Se a luz vermella do contador parpadea moi rápido, significa que nese momento estás a consumir bastante electricidade. Isto adoita acontecer cando funcionan varios electrodomésticos potentes á vez, como a vitrocerámica, o forno ou un radiador eléctrico.

Os picos repetidos todos os días á mesma hora son outro sinal de aviso. Se todos os días á mesma hora o consumo aumenta moito, probablemente varios electrodomésticos estén a funcionar ao mesmo tempo. Revisa se o termo, a lavadora e a prancha coinciden en horario.

Fíxate tamén nos históricos: se esta semana gastaches máis que a anterior sen motivo aparente, buscas causas coma un frigorífico defectuoso, unha lavadora con fuga de auga que mantén a resistencia activa ou varios aparellos en modo repouso.

Para detectar fugas reais, compara a túa lectura coa factura. Se notas unha diferenza clara entre a túa lectura do contador dixital e o consumo que aparece na factura, anota a data e o valor que aparece no contador. Esa información pode axudarche a aclarar calquera dúbida coa túa comercializadora.

Entender o teu consumo para pagar só o preciso

É común pensar que a factura depende unicamente de canto se utiliza a electricidade, pero tamén inflúe como se distribúe ese consumo ao longo do día e como está a configurar o contrato enerxético.

Cando comprendes como ler o contador de luz dixital, é máis sinxelo detectar hábitos de consumo pouco eficientes e tomar decisións para optimizar a túa enerxía. Ademais, é importante contar con tarifas claras e un asesoramento próximo que che axuda a interpretar estes datos e a elixir a opción máis axeitada e adaptada ás necesidades de cada fogar.

En Máis Enerxía cremos que entender a lectura do contador dixital de luz é o primeiro paso para pagar só polo que realmente precisas. Cando sabes como funciona o teu consumo, tomar mellores decisións vólvese moito máis sinxelo.

Falamos?