Algunha vez sentiches que non entendías ben unha factura da luz? Non es a única persoa. A maioría dos consumidores teñen dúbidas sobre os conceptos que aparecen no seu recibo eléctrico, e moitas veces isto dificulta saber se realmente estás a pagar o xusto. Por iso, en Máis Enerxía queremos axudarche a coñecer cada concepto, explicarche as súas partes máis importantes e amosarche como entender as nosas facturas da luz: con claridade, transparencia e sen letra pequena.

Por que é importante entender a túa factura da luz?

Entender a factura da luz é esencial porque só se sabes o que estás a pagar podes tomar decisións que che axuden a aforrar. Xa sexa cambiando de tarifa, axustando a túa potencia contratada ou simplemente corrixindo malos hábitos de consumo, ter unha explicación da factura da luz clara e accesible marca a diferencia.

Nun contexto onde os prezos da enerxía varían, coñecer ben cada concepto do teu recibo pódeche dar as claves para contratar a enerxía que precisas e aforrar no que no estás a empregar.

Cando consigues comprender ben a túa factura da luz, podes:

  • Detectar erros ou cargos inesperados.
  • Axustar a túa potencia para pagar só o preciso.
  • Cambiar de tarifa se detectas que outra se adapta mellor aos teus hábitos.
  • Ser máis consciente do teu consumo e mellorar os teus hábitos.

Por iso é clave contar cunha comercializadora de luz clara e próxima, que cho poña fácil.

As partes dunha factura de luz explicadas paso a paso

Nas facturas eléctricas aparecen os mesmos conceptos, polo que esta explicación da factura da luz servirache tanto se eestás connosco como se estás valorando cambiarte da túa actual compañía a Máis Enerxía.

  1. Datos do titular e da factura

Inclúe o nome, dirección, número de contrato, código CUPS (o DNI do teu punto de subministración) e o período de facturación. É importante revisar que todos os datos estean correctos.

  1. Potencia contratada

Este é o termo fixo: págase en función dos kW de potencia que tes contratados, con independencia de canta electricidade consomes. Se pagas demasiado, pode que esteas a sobredimensionar o teu contrato

  1. Enerxía consumida

Aquí aparece o termo variable, é dicir, os kWh que consumiches durante o período de facturación. O prezo aplicado dependerá da túa tarifa: fixa, por tramos ou variable.

  1. Impostos

Nunha factura de luz adoitan aparecer impostos do seguinte xeito:

  • O imposto eléctrico (actualmente reducido, pero existente) e outros custos regulados do sistema eléctrico que se aplican por normativa e non dependen da túa comercializadora.
  • O IVE o IGIC (en Canarias), aplicado ao total da factura.
  1. Alugueiro do contador

Se non es propietario do contador, que é o máis habitual, pagarás unha pequena cantidade mensual polo seu alugueiro.

  1. Servizos adicionais

Algunhas compañías engaden servizos como mantementos ou seguros obrigatorios vencellados ás súas tarifas. En Máis Enerxía non o facemos: non cobramos por servizos que non tes solicitado de forma expresa.

Que fai diferente a Máis Enerxía?

A maioría de consumidores só queren dúas cousas: entender o que están pagando e non levar sorpresas. En Máis Enerxía, iso é exactamente o que ofrecemos. Os nosos recibos están deseñados para che facilitar o traballo de comprender a factura da luz, cun deseño claro, sen cargos ocultos e sen tecnicismos innecesarios.

Ademais:

  • Non hai permanencia.
  • Non hai letra pequena.
  • O noso equipo de atención humano explícache o que precises, de persoa a persoa.

Queremos que comprender a factura da luz non sexa unha dor de cabeza senón unha ferramenta para que contreles o teu consumo e os teus gastos.

Que tarifa tes? Así se reflicte na túa factura

En Máis Enerxía ofrecemos tres tipos de tarifa e segundo a que teñas verás reflectido na túa factura un tipo de prezo diferente:

  • Máis Estable Única: unha tarifa con prezo fixo as 24 horas. Ideal se queres previsibilidade e estabilidade.
  • Máis Estable: con discriminación horaria. Verás tres tramos distintos (val, chá, punta) con prezos diferentes.
  • Máis Xusta: tarifa variable segundo o mecado grosista. O prezo varía segundo o momento do día. Se tes esta tarifa, na túa factura verás reflectido o prezo medio de cada xornada.

Tes máis dúbidas sobre unha factura eléctrica? Resolvémoschas

En Máis Enerxía comprometémonos a te acompañar en todo momento. Sabemos que os termos enerxéticos poden parecer complicados, pero non ten por que selo. Connosco tes acceso a un equipo humano próximo que che axudará con calquera consulta e che ofrecerá solucións reais. Un equipo que descolga o teléfono e fala contigo de forma persoal, esquece os contestadores automáticos.

Porque para nós non se trata só de che vender electricidade, trátase de darche ferramentas para que tomes decisións, e iso comeza por comprender a túa factura da luz.

Falamos?