O diario Faro de Vigo dedica unha amplia reportaxe a Máis Enerxía, destacando como unha compañía nada en Galicia ten logrado se posicionar coma un actor chave no panorama enerxético nacional respaldando as grandes comercializadoras. Desde a súa fundación hai máis dunha década, a firma ten medrado ao combinar proximidade, innovación e unha oferta de produtos enerxéticos flexibles e personalizados.

Nun contexto marcado pola inestabilidade do mercado eléctrico, Máis Enerxia soubo aportar estabilidade e previsibilidade a fogares, industrias e outras comercializadoras de enerxía. Faino a través de ferramentas avanzadas coma acordos bilaterais e Swaps, solucións que antes parecían reservadas só para as grandes utilities internacionais.

Ademais de proporcionar enerxía a clientes finais, a compañía galega ten dado un paso máis ao subministrar electricidade e gas a outras comercializadoras de referencia, consolidando o seu papel coma provedor de confianza e situando Galicia no centro do taboleiro enerxético español.

A chave deste crecemento radica nun modelo baseado na proximidade e a personalización, que se traduce nun alto índice de fidelidade e unha expansión sostible en toda España. Coa vista posta no futuro, Máis Enerxía seguirá a reforzar a súa presencia nacional e o seu compromiso coa transición enerxética desde Galicia.

Para obter máis información sobre o papel de Máis Enerxía como socio chave das grandes comercializadoras de luz e gas de España, convidámoste a ler a publicación completa en Faro de Vigo a través desta ligazón.