
Máis Enerxía supera o teravatio de enerxía comercializada
Máis Enerxía é a primeira firma 100% galega dentro do sector enerxético en conseguir o que ningunha outra conseguira logo da xa desaparecida Fenosa: superar o teravatio de enerxía comercializada.
Máis Enerxía, a primeira enerxética 100% galega con oficinas centrais na Porta do Sol de Vigo, acada un novo fito histórico no sector enerxético español: por primeira vez na súa traxectoria supera o umbral de 1 teravatio (1 TW) de enerxía comercializada. Trátase dun logro sen precendetes para unha empresa destas características en Galicia. Este fito simboliza a consolidación comercial da compañía como actor relevante no mercado nacional.
Este feito cobra especial relevancia se se considera que Máis Enerxía é a primeira comercializadora integramente galega que o acada logo da desaparición de Fenosa como entidade independente, absorbida por Gas Natural hai anos. Máis é, polo tanto, a primeira marca na historia recente de Galicia en superar o teravatio de enerxía comercializada desde a súa oruxe cunha xestión completamente independente.
Un crecemento sostido e diferencial
Desde a súa fundación, e con máis dunha década de historia como marca consolidada, a compañía ten construído un modelo de crecemento baseado en:
- Ofertas de subministración energética flexibles, adaptadas tanto a particulares coma a empresas, cunha gama de tarifas de electricidade e gas deseñadas para diferentes perfís de consumo.
- Proximidade e servizo a clientes, que se traduce en atención personalizada e adaptada ás necesidades reais dos consumidores.
- Expansión más alá do cliente final: hoxe Máis Enerxía subministra enerxía non só a fogares e pemes, senón tamén a outras comercializadoras, consolidándose coma un actor de confianza no mercado enerxético español.
Visibilizando o papel de Galicia no sector enerxético
Este logro de Máis Enerxía non é un feito illado, senón un indicador da capacidade das comercializadoras independentes nun mercado que está en constante evolución. Nos últimos anos, o sector enerxético español experimentou unha profunda transformación, con comunidades como Galicia destacando polo seu potencial eólico e outras enerxías que están a contribuír de forma significativa no mix enerxético nacional.
Por iso para a firma resulta tan importante ter logrado liderar o apartado da comercialización enerxética desde a esquina atlántica da Península, un fito de grande transcendencia.
Superar o teravatio comercializado non só é un récord para a nosa empresa, senón unha proba tanxible de que unha comercializadora 100% galega pode competir e liderar desde a súa orixe con criterios de excelencia, proximidade e compromiso co cliente. Queremos que este logro sirva para visibilizar o papel de Galicia no mapa enerxético nacional
Acerca de Máis Enerxía Galega
Máis Enerxía é unha comercializadora independente de luz e gas con raíces en Galicia. Con oficinas centrais en Vigo, está xa entre as principais comercializadoras do Estado, ofrecendo solucións enerxéticas tanto a particulares como a empresas e outras comercializadoras. O seu crecemento exponencial reside na súa capacidade de combinar innovación en produtos, atención personalizada e unha presenza cada vez máis significativa en todo o territorio nacional.
Nos medios
- El Periódico de la Energía: «La comercializadora gallega Máis Enerxía supera el teravatio suministrado»
- Faro de Vigo: «Máis Enerxía supera 1TW de energía comercializada»




