
Arranca a segunda edición da Copa Máis Enerxía
Logo do éxito da pasada edición, Máis Enerxía suma de novo forzas co Celta para lanzar a II Copa Máis Enerxía. Esta aposta pioneira polo fútbol base feminino, iniciada no 2025, celebrou este mediodía a presentación da súa nova edición no Salón Regio de A Sede.
Ao acto asistiron Sergio Álvarez, en representación do club; Humberto Lede, responsable do proxecto de canteira de As Celtas; y David Sobral, responsable de comunicación e márketing de Máis Enerxía, xunto a autoridades de diversas institucións galegas e medios de comunicación. “Este torneo é chave para o noso proxecto de canteira, permite que as nenas compitan desde moi pequenas, enfróntense a novos rivais e sigan crecendo ata alcanzar o fútbol profesional. É unha iniciativa na que temos moita ilusión; só queda agradecer aos patrocinadores e gozar da Copa na Madroa”, sinalou o conselleiro do Celta. “Grazas a todos os clubs, patrocinadores e persoas implicadas desde o inicio. Este torneo, con preto de mil xogadoras e carácter internacional, xa é un referente e unha oportunidade para seguir impulsando o fútbol feminino e achegar a moitas mozas ao ámbito profesional”. destacou Humberto Lede. Pola súa banda, David Sobral engadiu: “Agradecemos á organización contar connosco un ano máis. Este torneo reflicte valores que compartimos, como o esforzo e o compromiso co futuro do fútbol feminino base, ademais de ser un punto de encontro para familias e afección. É un orgullo formar parte e seguir crecendo xuntos”.
A Copa Máis Enerxía refórzase coma impulso do talento e do traballo colaborativo sendo, ademais, unha mostra de que é posible liderar presente e futuro, en todos os ámbitos, desde Galicia.




