
A Copa Máis Enerxía xunta a máis de 4000 persoas na Madroa
As instalacións deportivas da Madroa acolleron esta Semana Santa a segunda edición da Copa Máis Enerxía de fútbol base feminino, que concluiu cun balanzo altamente satisfactorio tanto no plano deportivo como na resposta do público. O torneo consolídase coma unha das referencias do calendario de fútbol feminino en Galicia e a nivel internacional.

Baixo a coordinación de Humerto Lede, responsable de As Celtas, a competición congregou algúns dos conxuntos máis representativos de Galicia e do norte de Portugal, ademais da participación do Olímpico de León. Ao longo de tres intensas xornadas vivíronse encontros de grande nivel competitivo, acompañados por un ambiente destacado nas bancadas, cunha asistencia acumulada superior ás 4000 persoas.
A apertura do torneo, o xoves, estivo protagonizada pola categoría infantil F11, na que As Celtas se fixeron co título tras se imporen ao Racing de Ferrol na final. A xogadora Olivia foi recoñecida como a máis destacada do campionato nesta categoría.
O venres foi o turno da categoría cadete F11, onde As Celtas volveron alzarse coa victoria logo de superar ao FC Porto nun partido decisivo de alto nivel. Nesta ocasión, o galardón á mellor xogadora foi para Luisa Seijas.
A Xornada de clausura, celebrada o sábado, correspondeu á categoría alevín F7. O Victoria CF proclamouse campión tras vencer ao Alondras na final, mentres que Isabela, integrante do equipo gañador foi distinguida como Xogadora Máis Enerxía. O programa completouse con exhibicións do Celta Integra Zelonva e As Celtas Sporting, que aportaron dinamismo e valor engadido ao evento.
Asemade, as fases prata, desputadas mediante tandas de penaltis en todas as categorías, xeraron momentos de grande emoción tanto para as participantes coma para o público asistente.
A entrega de trofeos contou coa presenza de diversas autoridades e representantes institucionais e deportivos, entre eles Sergio Álvarez, conselleiro do Celta; Xisela Aranda, directora de Deportes da Deputación de Pontevedra; Manuel Durán, xerente de Máis Enerxía; David Sobral, responsable de márketing da compañía; Cristian Vázquez, delegado do CTA Vigo; Elena Casal, responsable de arbitraxe feminino galego; e Alicia Ferreiro, directora de organización e calidade do Celta. Tamén asistiron Vicky Vázquez e Toni Martínez, así coma xogadoras de As Celtas como Lara, Muñi, Sara Debén e Estela.
Desde a organización destácase o éxito desta segunda edición, en especial coa evolución experimentada polo torneo e pola implicación de clubes, xogadoras e afección. Neste sentido, Máis Enerxía e o Celta reafirman o seu compromiso co desenvolvemento e a promoción do fútbol base feminino.
Nos medios
- RC Celta: «La Copa Máis Enerxía congrega a máis de 4000 personas en torno al fútbol base femenino»
- Faro de Vigo: «As Celtas se lleva la victoria en la categoría infantil de la Copa Máis Enerxía»
- Las Futbolistas: «As Celtas conquistan la categoría infantil en el inicio de la Copa Máis Enerxía»
- Atlántico: «El fútbol femenino se cita en A Madroa para la II Copa Máis Enerxía»
- El Correo Gallego: «La Copa Máis Enerxía se consolida en el fútbol base femenino»
- La Opinión Coruña: «La Copa Máis Enerxía se afianza como cita clave del fútbol base femenino»
- Faro de Vigo: «El Victoria gana en alevines en la última jornada de la Copa Máis Enerxía»




