
Cal foi a primeira cidade con electricidade en España?
A chegada da electricidade mudou para sempre a forma de vivir, traballar e moverse nas vilas. Hoxe parece algo completamente normal, pero durante moitos anos foi unha novidade que espertaba curiosidade, admiración e tamén moitas dúbidas.
Entender cal foi a primeira cidade con electricidade en españa axuda a mirar con perspectiva como ten evolucionado un servizo que hoxe é o corazón dos nosos fogares.
Os primeiros pasos da historia da electricidade en España
Antes de que a electricade chegase a todas as casas, empregouse en espazos moi concretos: fábricas, teatros e estacións de ferrocarril. No século XIX, a luz eléctrica era un símbolo de estatus e progreso.
En España, o proceso non foi uniforme. Mentres nalgunhas zonas se apostaba polo gas, outras cidades comezaron a experimentar con “soles eléctricos” (arcos voltaicos) para iluminar as súas prazas máis emblemáticas. As cidades que apostaron antes por esta tecnoloxía gañaron unha vantaxe competitiva en desenvolvemento industrial e seguridade urbana.
Que cidade foi a primeira en ter electricidade?
Aquí é onde a historia da electricidade en España se pon interesante, porque depende de que consideremos como “primeira”:
- Comillas (Cantabria): a pioneira do alumeado público
Se falamos da primeira localidade en estrear un sistema de alumeado público nas súas rúas, a honra lévaa Comillas en 1881. Todo aconteceu grazas ao primeiro Marqués de Comillas, quen quixo impresionar ao rei Alfonso XII durante a súa visita de verán. Instaláronse 30 farois que deixaron coa boca aberta os asistentes e marcaron o inicio dunha era.
- Barcelona: o motor industrial
Se nos referimos á primeira grande cidade cunha rede organizada e a primeira central eléctrica de España, a resposta é Barcelona. En 1881 inaugurouse a central da rúa Fontanella, impulsada pola Sociedade Española de Electricidade. Barcelona non só iluminou as súas rúas senón que foi a primeira en entender que a electricidade debía de chegar a industria e fogares a grande escala.
- Pontevedra: primeira grande cidade galega con alumeado eléctrico
A capital das Rías Baixas converteuse en 1888 na primeira cidade de Galicia e a segunda en España despois de Barcelona en contar con alumeado público eléctrico. A mítica Praza da Verdura foi o lugar exacto no que se acendeu a primeira lámpada. Hoxe ese edificio coñécese coma a Casa da Luz e alberga a sede de turismo municipal.
- Xerez da Fronteira: innovación andaluza
No podemos esquecer Xerez, que en 1890 se cpmverteu nunha das primeiras cidades de España en ter un proxecto de alumeado público integral e estable, competindo directamente coas grandes capitais en modernización.
- A “Catedral” da electricidade: O Caneiro
En 1894, apenas unos anos despois dos fitos de Comillas e Barcelona, inaugurouse en A Coruña a central de O Caneiro. Foi unha das primeiras apostas serias pola enerxía hidráulica no norte. A chegada da luz ás rúas coruñesas foi un evento social que mudou por completo a cidade.
Galicia comprendeu que a súa riqueza natural, os seus ríos e o seu vento, eran chave de progreso. Hoxe, en Máis Enerxía, seguimos esa idea: aproveitando o legado dunha terra que sempre soubo xerar enerxía para mirar cara o futuro.
Como cambioi a vida coa electricidade
A chegada da electricidade non só permitiu iluminar rúas e edificios. Tamén cambiou a forma de traballar, de producir e de vivir na casa. Foi unha revolución social.
- Seguridade e ocio: as rúas volvéronse máis seguras de noite e a vida social alongouse máis alá da posta de sol.
- Productividade: as fábricas puideron implementar turnos nocturnos, transformando a economía.
- Confort doméstico: primeiro chegou a bombilla, e tras ela, os primeiros electrodomésticos que liberaron tempo en tarefas do fogar.
O que no seu momento foi unha innovación dunhas poucas cidades converteuse nun servizo esencial para milleiros de persoas. Hoxe custa imaxinar unha casa sen electricidade, pero hai pouco máis dun século era algo reservado só a determinados lugares.
Da historia da luz ao consumo de hoxe
Mirar cara o pasado amósanos que a electricidade sempre foi sinónimo de evolución. En Máis Enerxía recollemos esa testemuña: xa non se trata só de “ter luz”, senón de que esa enerxía sexa limpa, transparente e que non supoña unha dor de cabeza para o teu peto.
Por iso, as nosas tarifas de luz están deseñadas para que, con independencia de se vives nunha grande cidade ou nunha vila máis pequena, sempre teñas o control total do teu consumo enerxético. Quedaches con ganas de saber máis sobre como optimizar a túa enerxía? Accede á nosa calculadora de aforro e únete á evolución eléctrica con Máis Enerxía.




